Compartir:
Avisos
Vaciar todo

III Workshop CMON

26 Respuestas
11 Usuarios
0 Me gustas
9,511 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

=========================================================================================
                                    III Wokshop CMON
=========================================================================================

Logo do éxito das anteriores edicións, convocamos o III Workshop CMON que, de novo,
faremos en Santiago de Compostela o próximo 13 de decembro.
Ó igual que o ano pasado, nesta convocatoria non só queremos centrarnos nas
observacións de ocultacións e meteoros, senón en calquera outras observacións que consideredes
interesantes (estrelas variables, tránsitos de exoplanetas, astrometría de corpos menores,
imaxe planetaria e luar, actividade solar, etc...). A idea é aprender técnicas e tecnoloxías
de observación e coñecer resultados tanto de profesionáis como de afeccionados.

Data: Sábado, 13 de decembro de 2013.
Lugar: edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

Programa (provisional):
----------------------------
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.

Calendario:
--------------
10 de novembro: "call for papers".
5 de decembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
8 de decembro: publicación do programa definitivo.
13 de decembro: ¡vémonos en Santiago!

É necesario apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 15 minutos máis 5 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,60 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,60 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 13.
Ramón.

25 respuestas
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 17 años

  :yipi: :yipi: :yipi: Alí estarei se nada o impide.

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Estaremos, estaremos  :party: :party:

Responder
Respuestas: 1667
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Eu creo que teño unha cea esa noite, pero tratarei de ir e saír de ahi antes das 19:30H

Responder
Respuestas: 139
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Si no hay novedad que lo impida, Paco y yo también iremos.

Responder
Página 1 / 6
Compartir: