Ola a todos:
Este correo é para informarvos de que durante o mes de setembro vanse a producir ocultacións asteroidáis importantes que teñen moi boas perspectivas para Galicia:
A noite do 2 de setembro produciráse a ocultación dunha estela de magnitude 10.3 por 346-Hermentaria. A ocultación podería afectar ó N das provincias da Coruña e Lugo. A variación é de 2.3 magnitudes. Aquí está a ligazón á páxina de Steve Preston.
http://asteroidoccultation.com/2014_09/0903_346_32945.htm
A noite do 4 de setembro produciráse a ocultación dunha estrela de magnitude 11.6 polo asteroide 10-Hygiea. Aquí tedes a ligazón á
páxina de Steve Preston con toda a información. A estrela é débil pero a ocultación dende calquera lugar de Galicia é segura xa que está no centro da banda de ocultación e este é un cacho-asteroide. A caida é de 0.9 magnitudes.
http://asteroidoccultation.com/2014_09/0905_10_32950.htm
A noite do 7 de setembro podería producirse a ocultación dunha estrela de magnitude 9.3 polo asteroide 983-Gunila. De ser visible dende Galicia, produciríase unha variación de 6.6 magnitudes que duraría un máximo de 3.9 segundos. Aquí está a ligazón:
http://asteroidoccultation.com/2014_09/0908_983_32960.htm
A noite do 26 de setembro tamén hai opcións de observar a ocultación dunha estrela de magnitude 10.3 polo asteroide 1392-Pierre.
Terá unha variación de 4.7 magnitudes e unha duración máxima de 3.8 s.
http://asteroidoccultation.com/2014_09/0926_1392_33650.htm
Un saúdo.