Ola:
Bueno, pois por fin atopei un momento para reducir as miñas imaxes da fallida ocultación. Aquí tedes o resultado. As exposicións foron de 2 segundos cun telescopio Celestron de 28 cm e unha cámara de ST10XME sen filtrar. Esa noite había cirros, o que se nota sobre todo na primeira parte da curva de luz na dispersión que ten a fotometría. Por certo, que se nota que Hugo usou telescopio grande: a dispersión da súa curva de luz é a menor de todas.
De novo, grazas a todos por participar. Algún día caerá algunha. A ver se temos sorte para a da madrugada do 14 de outubro, que é de magnitude 7,6. 8)
Saúdos.