Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Posible ocultación dun TNO na noite do 15 de setembro.

20 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
6,284 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
infórmannos que a noite do 15 de setembro podería producirse a ocultación dunha estrela de magnitude 13,9 polo TNO chamado 2005UQ513. A banda de ocultación calculada pasa moi preto da península ibérica, sendo Galicia a zona máis próxima a ela. A ocultación teŕa unha duración máxima duns 30 segundos e produciráse preto das 20:17 TU (é dicir as 22:17 hora local).
As cámaras Watec de novo non serán moi útiles aquí a non ser que se teña un telescopio de D~50cm. Con telescopios menores é necesario usar CCD sen filtros e facer integracións de 1 a 3 s para ver se se detecta a estrela antes da ocultación. Coma sempre que hai estrelas moi febles, axuda facer binning cos píxeles e usar ventanas para disminuir os tempos de lectura da imaxen. Ademáis convén comezar a observación unha media hora antes da ocultación para asegurarse de que se rexistra se esta se produce.
A continuación póñovos a carta de localización da estrela, a curva de altura para Galicia (calculada para Ames) e o mapa da banda de ocultación.
Saúdos.

19 respuestas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Aquí tedes outras dúas prediccións que indican que a franxa de visibilidade da ocultación podería afectar directamente á península ibérica.

http://www.fraserkbos.com/?q=2005UQ513-2013-09-15-20-16

Un saúdo.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Parece que as predicions son boas así que vouno intentar dende Forcarei.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

OK. Co telescopio de Forcarei chégavos con exposicións de 1 segundo. Lembrade: SEN FILTRO. Nós usaremos un telescopio de 28cm e as probas indican que ese tempo é dabondo.
Usaremos binning 2x2 e unha ventana para reducir o tempo de lectura da CCD e recoméndovos que fagades o mesmo. A ver que sáe.
Se queredes podo botarvos unha man para reducir as imaxes e obter a fotometría.
Saúdos.
Ramón.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Un  binning 3x3 en Forcarei da unha escala de imaxe de 1,38"e gánase en tempo de exposición ¿Algún inconvinte para usalo?

Responder
Página 1 / 4
Compartir: