Ola a todos:
José Luis Ortiz, do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA), informa da posible ocultación dunha estrela de magnitude 16 polo objxeto trans-neptuniano (TNO) Quaoar na noite do 4 ó 5 de agosto.
De novo, como outras veces que se produce unha ocultación por un TNO, hai dúas complicacións asociadas a esta ocultación:
-a estrela é moi feble, de magnitude 16 polo que hai que usar cámaras CCD, non valen as Watec, e ademáis, se é posible, hai que usar binning para reducir os tempos de lectura e aumentar a relación sinal-ruido.
-prodúcese a baixa altura sobre o horizonte ~20º de altura, polo que haberá que ter un horizonte despexado en dirección S-SW.
A ocultación terá unha duración máxima de 85 segundos. Hai que intentar non facer exposicións máis longas duns 20 segundos. Recórdovos que Quaoar tamén ten un satélite que podería producir ocultación da estrela.
Aquí vos poño a carta coa banda de ocultación que nos proporionaron e dúas cartas de localización de 15'x15' e 10'x10'.
Un saúdo.