Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.

9 Respuestas
3 Usuarios
0 Me gustas
3,086 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Aquí tedes as ocultacións máis interesantes que se verán dende Galicia en outubro e novembro. Dende logo, o máis interesante será a de Konkolya na madrugada do 14 de outubro da que xa temos un fío específico, pero tamén a de Recogne o 1 de novembro ten boas perspectivas e podería ser espectacular a de Morimoto o 15 de outubro, aínda que esta é moi imprecisa.

-noite do 6 de outubro:
Estrela de magnitude 11.8 por Daphne:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1006_41_30209.htm

A predicción é bastante fiable e a ocultación podería afectar ó S de Galicia, que queda dentro da zona de incerteza a 1 sigma. Ademáis o asteroide ten unha lúa que podería causar outra ocultación noutras zonas.

-noite do 11 de outubro:
Estrela de magnitude 11.8 por Jutta:

Galicia e o N da península quedan dentro da zona de 1 sigma e a ocultación é longa (2.5 s) e profunda (>5 mags). Prodúcese xusto antes do mencer.

goodteles-noite do 13 de outubro:
Estrela de magnitude 7.6 por Konkolya:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1014_1445_30809.htm
Esta é a ocultación do ano. Pódese observar coa watec con case calqueira telescopio. Tedes máis información neste fío do foro:
http://astromania.es/index.php?PHPSESSID=1e96d16e22da11b064d67b6def11b7f0&topic=3528.0

goodteles-noite do 15 de outubro:
Estrela de magnitude 7.3 por Morimoto:

A estrela é moi brillante pero a predicción é moi imprecisa. Aínda así merece a pena observala. Dareivos máis información sobre ela.

goodteles-noite do 19 de outubro:
Estrela de magnitude 11.1 por Monachia:

A banda de ocultación cruza toda Galicia e a estrela estará bastante alta.

-noite do 22 de outubro:
Estrela de magnitude 10.1 por 2000 XF18:

Estrela ben situada e brillante pero predicción pouco precisa.

-noite do 30 de outubro:
Estrela de magnitude 11.1 por Bogorodskij:

A predicción é imprecisa pero a estrela está ben situada e máis de media Galicia está situada dentro da zona de 1 sigma. Ademáis a estrela é dobre polo que poderia haber ocultación igual.

goodteles-noite do 1 de novembro:
Estrela de magnitude 9.6 por Recogne:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1101_3365_31357.htm
A predicción é bastante fiable e a estrela é moi brillante. Máis posibilidades de observala dende o S de Galicia.

-noite do 6 de novembro:
Estrela de magnitude 11.2 por Ottilia:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1106_401_30302.htm
A predicción é bastante fiable. O E de Galicia entra dentro da zona de 1 sigma.

-noite do 12 de novembro:
Estrela de magnitude 10.4 por Simonov:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1112_2426_31366.htm
A zona de incerteza a 1 sigma afecta á provincia da Coruña.

Estrela de magnitude 10.8 por Kirwood:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1113_1578_30318.htm
A predicción é bastante fiable e a estrela está ben situada. A ocultación afectará ó S e E de Galicia.

A medida que vaia obtendo máis información irei actualizando o fío.

En outubro tamén teremos dúas ocultacións rasantes de estrelas pola Lúa que atravesarán Galicia. Tedes máis información na páxina da agrupación de Sabadell:
http://www.astrosabadell.org/php/en/rasants.htm
Saúdos.

8 respuestas
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

De novo gracias pola recopilación. A ver si pillamos algunha.
Un saludo.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

A ver como se porta o tempo porque as do 11, 13, 15 e 19 teñen moi boa pinta para nos.Graciñas pola info tamén.

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ocultación Daphne:
Nesta ocultación o asteroide era mais brillante ca estrella, o que dificulta confirmar a ocultación. ¿Qué técnica usar nestos casos?

Traza de 30 segundos:

Time-lapse postarior á ocultación. Video de uns 45 minutos:

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Parabéns por observar a ocultación. Póñoche algúns links a software para analizala. Fundamentalmente WinScan:
http://www.driftscan.com/
http://www.asteroidoccultation.com/observations/DriftScan/

Analízaa e a ver se podemos presentar un traballo para o workshop de novembro.
Un saúdo.

Responder
Página 1 / 2
Compartir: