Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.


rimarzoa
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 13 años

Aquí tedes algunhas das ocultacións máis interesantes que se verán dende Galicia en decembro e xaneiro.

-noite do 5 de decembro:
Estrela de magnitude 8.6 por Rhodope:
http://asteroidoccultation.com/2013_12/1205_166_30392.htm
Esta ocultación non a afecta a Galicia pero roza a rexión de Tui e S de Pontevedra. A estrela é brillante e a ocultación longa.
Ideal para alguén que se despraze ó N de Portugal ou a Madrid.

-noite do 20 de decembro:
Estrela de magnitude 7.6 por Epimetheus:

Esta estrela é moi brillante pero a banda de ocultación é moi imprecisa e é unha ocultación rápida (0.5 s). Podería observarse
con calquera telescopio.

-noite do 24 de decembro:
Estrela de magnitude 9.6 por Andakekhoven:

A estrela é brillante pero a ocultación é moi imprecisa.

Estrela de magnitude 5.7 por 1994 RW11:

Esta podería ser unha das mellores ocultacións desta temporada. A estrela é moi brillante e a ocultación atravesa Galicia
aínda que é imprecisa.

-noite do 29 de decembro:
Estrela de magnitude 9.7 por 2000 JA70:

Estrela brillante pero a ocultación é imprecisa e prodúcese a baixa altura sobre o horizonte E.

-noite do 30 de decembro:
Estrela de magnitude 9.7 por 1998 SZ127:

Estrela brillante pero ocultación moi imprecisa e a baixa altura en dirección NW.

-noite do 9 de xaneiro:
Estrela de magnitude 11.0 por Valentine:
http://asteroidoccultation.com/2014_01/0109_447_32061.htm
A predicción é bastante fiable e a ocultación atravesa Galicia de lado a lado. Ademáis vaia a ser moi longa (~18s)

Estrela de magnitude 12.4 por Berbericia:
http://asteroidoccultation.com/2014_01/0110_776_32065.htm
A predicción tamén é moi fiable pero a estrela é moi feble. Afecta ó SW de Galicia.

Un saúdo.

2 respuestas
Madmartigan
Respuestas: 1667
Famed Member
Registrado: hace 15 años

A ver si me acordo para entón...
Gracias

Responder
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 14 años

Muchas tienen magnitudes asequibles para pequeños y medianos telescopios, y además algunas coinciden con el período de vacaciones navideño.
Voy a estudiar a fondo estas ocultaciones para centrarme en las que me son más favorables.

Responder
Compartir: