Ola a todos:
Xa había tempo que nos estabamos aburrindo con ocultacións moi imprecisas e/ou de estrelas moi febles que precisan de telescopios grandes. Esta vez, para variar, imos a ter unha ocultación cunha boa predicción e a estrela é moi brillante. A cuestión é que estou tan entusiasmado que lle adico un fío propio.
Na madrugada do 14 de outubro, pouco antes do mencer, o asteroide 1445-Konkolya, de magnitude 15,6, ocultará a estrela HIP12252 de magnitude 7,6. A banda de ocultación cruza Galicia e o N da península ibérica entrando polos Pirineos e saíndo polas rías baixas. A ocultación produciráse das 04:50 TU en diante (06:50 hora oficial peninsular) polo que haberá que madrugar. A estrela estará situada a unha altura duns 38º coa lúa por debaixo do horizonte. Estes cálculos están feitos para a miña localización en Ames pero non cambian significativamente para Galicia.
¿Qué significa todo esto? Que a estrela (e a súa desaparición) se pode observar con telescopios tan pequenos como refractores de 8cm de diámetro e menores acoplándolle as cámaras Watec que temos algúns por ahí collendo piolla :whip: Lémbremos de novo que é fundamental ter unha referencia de tempo fiable, idealmente un GPS ou un servidor de hora NTP axeitado.
Aquí vos poño o mapa de S. Preston:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1014_1445_30809.htm
Estou pendente da actualización da predicción de S. Preston. Cando haxa novidades avisareivos. Tamén vos poño a curva de altura para Ames (vale ben para toda Galicia e incluso toda a península ibérica) e unha carta de localización da estrela a ocultar, que está situada ó N da cabeza (ou cola, según se mire) de Cetus. Cando o señor Preston poña as súas cartas xa vos avisarei.
Se alguén quere observar a ocultación cunha webcam necesitará un telescopio maior dado que as webcams son bastante cegas, é dicir, son pouco sensibles á luz. E é indispensable facer probas antes para ver se con ela pode ver a estrela a ocultar.
Un saúdo.