Compartir:
Avisos
Vaciar todo

II Workshop CMON.

23 Respuestas
10 Usuarios
0 Me gustas
9,562 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

=========================================================================================
                                      II Wokshop CMON
=========================================================================================

Logo do éxito da convocatoria do ano pasado, adicado a ocultacións, meteoros e impactos
luares, convocamos ó 2º Workshop CMON que faremos en Santiago de Compostela o próximo 16 de
novembro. Nesta convocatoria non só queremos centrarnos nas observacións de ocultacións e
meteoros, senón en calquera outras observacións que consideredes interesantes (estrelas
variables, tránsitos de exoplanetas, astrometría de corpos menores, imaxe planetaria e luar,
actividade solar, etc...). A idea é aprender técnicas e tecnoloxías de observación e
coñecer resultados tanto de profesionáis como de afeccionados.

Data: Sábado, 16 de novembro de 2013.
Lugar: Edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Univesidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

Programa (provisional):
----------------------------
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.

Calendario:
--------------
10 de outubro: "call for papers".
8 de novembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
11 de novembro: publicación do programa definitivo.
16 de novembro: ¡vémonos en Santiago!

É necesario apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 15 minutos máis 5 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes a vosa presentación.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,60 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,60 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 16.
Ramón.

Responder
Respuestas: 811
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Perfecto!

Lo he difundido ya en la lista de correo de "ío".

Saludos y nos vemos!

Responder
Respuestas: 1667
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Eu tratarei de ir.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
Só é para lembrarvos os prazos para o II Workshop CMON:

8 de novembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse. Ata este momento podedes enviarnos unha solicitude para facer unha presentación do voso traballo. Tamén necesitamos que nos digades os que tedes pensado asistir dado que non temos aforo ilimitado e necesitamos estimar o mellor posible o número de asistentes.

11 de novembro: publicación do programa definitivo coa lista de traballos que se presentarán e a súa orde.

16 de novembro: día do workshop.

Saúdos.

Responder
Respuestas: 811
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Que puñeta, justo ha surgido aquí en A Coruña un taller avanzado sobre time lapses el viernes y el sábado todo el día impartido por Luis Caldevilla... A ver si por lo menos puedo ir a las cervezas del final.

Responder
Página 2 / 5
Compartir: