Ola:
Tal que como informamos no último "boletín de ocultacións" ( http://astromania.es/index.php?topic=3097.75) na noite do 3 ó 4 de novembro hai tres posibles ocultacións visibles dende Galicia. Non repetirei aquí o que se indicou nese post. Só comentar que as prediccións meteorolóxicas de Meteogalicia para esa noite non son nada boas. Eu intentarei observar se o tempo o permite dende Castelo, Ames.
Ós que o intentedes, sorte.
As dúas próximas ocultacións serán na noite do 6 de novembro (asteroide Bodea) e a noite do 9 de novembro (asteroide INAG). Esta última é a unha hora decente, as 20:05 TU, cunha estrela de magnitude decente, +10,9, e cruzará Galicia de NE a SW, de forma tamén bastante "decente", aínda que a banda de incertidumbre é grande.
A ver se o tempo acompaña esa tarde.
Un saúdo a todos.
Ramón.