Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.

98 Respuestas
16 Usuarios
0 Me gustas
30 K Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:

Contareivos a pequena aventuriña da madrugada do luns para que vexades que se pode perder unha ocultación pola chorrada imprevista máis estúpida que podades pensar. Logo da descarga de adrenalina da ocultación da madrugada do domingo tiña todo preparado para observar as dúas posibles ocultacións da madrugada do luns.

A primeira ocultación era a eso das 23:44 TU e a estrela estaba moi baixa, a uns 12 ou 13º de altura no horizonte SW e case fora da banda de incertidumbre de 1 sigma. A outra era ás 02:50 TU coa estrela ben situada en altura, uns 35º, e dentro da banda de ocultación, aínda que a estrela estaba case no límite de brillo de Watec+telescopio.

Como tiña que ir a traballar á mañán seguinte, decidín sacrificar a primeira ocultación, que tiña unha probabilidade baixa e ir a pola segunda, durmindo unhas horas na primeira metade da noite. Así que puxen o despertador para as 01:00 TU (as 3 da mañán) e fun pronto para a cama.

Ás 3 levanteime e baixei a poñer a montura e tirar os cables de chicha e o coaxial para o sinal da cámara. E cando tiro da cinta da persiana da porta traseira para levantala vai e rompe a p..... persiana e queda abaixo de todo sen que a pudera levantar. E os cables non chegaban para sacalos pola ventana nin pola porta do garaxe. Así que, logo de estar un anaco con cara de parvo con sono decidín volver para a cama e cancelar a ocultación. Non fallou o telescopio, nin o tempo, nin perdín a ocultación por non atopar a estrela. Perdina por unha persiana.

Moralexa: sempre hai imprevistos cos que non se contan cando un vai a observar e cantas máis ganas ten un de observar, máis imprevistos hai.

Saúdos.

Responder
salva
Respuestas: 489
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Non fallou o telescopio, nin o tempo, nin perdín a ocultación por non atopar a estrela. Perdina por unha persiana.
Moralexa: sempre hai imprevistos cos que non se contan cando un vai a observar e cantas máis ganas ten un de observar, máis imprevistos hai.

      Pois imos a pola seguinte!  :wink2:

     

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Non desanimarse. Si fora fácil non sería un reto.
Time-lapse de 182Gilgamesh de 1 hora de desplazamento antes da ocultación:

Responder
Respuestas: 582
Honorable Member
Registrado: hace 16 años

Muy bueno Luís :great: :great: :great: :great:
De mucho valor didáctico. Además se pueden sacar algunas conclusiones.
Lo dicho, muy bueno.

Responder
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Para las próximas ocultaciones y con el fin de facilitar un poco más la tarea de ver por dónde pasa la sombra, os adjunto 2 archivos.
En ellos encontraréis entre otros:
1.- un archivo html para abrir con cualquier navegador que os mostrará un mapa interactivo.
2.- un archivo kmz para abrir con el google Earth.

Cuando abráis los archivos os aparecerán las siguientes líneas:

  • La línea verde es la línea de centralidad.
  • Las azules los límites de la sombra
  • Las rojas corresponden a una incertidumbre de 1sigma

Los archivos están generados con la versión 4.0.9.46 del programam Occult.

Responder
Página 7 / 20
Compartir: