Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.

98 Respuestas
16 Usuarios
0 Reactions
31 K Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

A WATEC co LX200-16, ainda co reductor x.63 da un campo demasiado pequeno para poder usar Drift-Scan. Estou dándolle voltas a un VTI e, en concreto, o GPSBOXKBD+5HZ que sae por uns 180€ o cambio. ¿Algún comentario ou referencia diste equipo?

Ola:
Hugo, o problema que teñen os VTI é que son moi caros. Algún software, como o HandyAvi, xa insertan a hora en cada frame de video, co cal te aforras esa adquisición. E unha licenza de HandyAvi é máis barata que o VTI (40$ aprox.)
En canto ó drift-scan, máis ben é para a xente que ten cámaras DSLR con chips moi grandes e moito campo de visión, o que permite asegurar que a traza da estrela está dentro do campo durante toda a ocultación e un pouco máis. Supoñendo que unha ocultación típica dure da orde duns 5 minutos, entre gravar 2 minutos antes e 2 minutos dispois da hora prevista, no ecuador celeste necesitarías un campo de 5*15/60 ~ 1º25 de campo. Obviamente non é para focales longas.
O reductor de focal axuda porque abrillanta as estrelas (ó disminuir a escala un píxel cubre máis ceo e a luz da estrela repártese entre menos píxeles) e aumenta sensiblemente o campo ó que axuda á hora de localizar a estrela obxetivo.
Para as próximas ocultacións tede en conta que nalgunhas delas hai zonas de Galicia que non están na banda de ocultación, senón en zonas de incertidumbre, polo que convén observar igualmente.
Un saúdo.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

A. Algún software, como o HandyAvi, xa insertan a hora en cada frame de video, co cal te aforras esa adquisición. E unha licenza de HandyAvi é máis barata que o VTI (40$ aprox.)

Tes razón. Estaba convencido de que o Handyavi non insertaba a hora. Probaremos logo así.

Responder
Respuestas: 158
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

La estrella en cuestión es la de AR/DEC 23h1m23.2s/-4º22'21.6" ?

Porque la Luna llena estará un poco cerca...

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Esta es la estrella en el Stellarium:
http://www.flickr.com/photos/87659821@N06/8022925379/
http://www.flickr.com/photos/87659821@N06/8022926554/

Yo también tengo previsto subir por Cotobade. Nos vemos por allí.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

La estrella en cuestión es la de AR/DEC 23h1m23.2s/-4º22'21.6" ?

Porque la Luna llena estará un poco cerca...

Efectivamente, esa é a estrela. Na ligazón que vos puxen ó comezo deste fío tedes mapas de diferentes escalas para localizar a estrela. É moi importante identificar o campo correcto. Ademáis, como apuntades moi ben, está preto da Lúa chea, o que subirá un pouco o nivel de iluminación do ceo. Subo un arquivo do Staralt ( http://catserver.ing.iac.es/staralt/index.php) coas curvas de altura para as dúas estrelas das ocultacións da noite do 29 de setembro, que será este sábado próximo.
A segunda das ocultacións da noite do sábado produciráse ó final da noite, xusto antes do mencer e cando xa haberá moita luz do crepúsculo. Quizáis non se poida observar a pesar de que a estrela a ocultar tamén é brillante.

A maiores, na noite do 30, do domingo ó luns, os que poidades observar tedes outras dúas ocultacións posibles. Tamén están nas ligazóns do primeiro mensaxe do fío. Subo a curva de alturas para esa noite. Nesta curva de alturas figuran 3 estrelas pero unha delas é demasiado débil para observala e as actualizacións da órbita do asteroide alonxan a banda de ocultación de Galicia, polo que xa non propuxen a súa observación.

Saúdos.

Responder
Página 3 / 20
Compartir: