Ola a todos:
Na madrugada do día 28, é dicir, na noite do 27 ó 28 de novembro, o asteroide Aguilar ocultará a unha estrela de magnitude 9,4, o cal fai a ocultación doadamente observable con telescopios modestos. A banda de ocultación cruza toda Galicia de Oeste a Leste entrando polo Barco de Valdeorras e saíndo pola Costa da Morte. A banda de incerteza é ancha e podería ser que a ocultación non seguira exactamente as prediccións. Aquí vaia a ligazón:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1128_1800_28279.htm
O único problema para os que curramos ó día seguinte é a hora, as 04:39 TU = 05:39 hora oficial, o que nos obriga a pegarnos un madrugón se a queremos observar. Ademáis as prediccións de Meteogalicia non son moi esperanzadoras. Eu levantareime cedo e, se o tempo o permite, tentarei observala.
Aquí queda o post por se alguén a quere observar.
Saúdos.