Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación o 21 de xaneiro

127 Respuestas
17 Usuarios
0 Reactions
38 K Visitas
Respuestas: 1312
Noble Member
Registrado: hace 14 años

Boas, é un windows 7 o que non sei e que sistema de arquivos leva, ¡o que viña de fábrica!, comprobareino.

Bueno, entón o tempo do GPS non estaba mal, está claro que para varios observadores os reloxos deben estar perfectamente sincronizados. Ok, parece que mañán vai a facer bo, a ver se tedes sorte, xa comentaredes. un saúdo que xa chego tarde a fontefría.

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Agardando ata o último momento para apuntarme á medición desde o Albergue dos Biocos (creo que combinaría ben coa observación desde Valdeorras, por estar preto do límite), problemas técnicos impídenme participar.

Así que se alguén quere achegarse por aquí, podo deixar a Wi-Fi conectada... creo que vai haber un par de persoas aloxadas na noite do sábado (unha delas, astrónomo de Vigo).  :intello:

Responder
Respuestas: 158
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Hoxe xa estiven no observatorio de Cotobade co meu homónimo Ángel que trouxo un pincho 3g. Polo tanto as boas novas son que poderemos estar sincronizados  :yipi: pero foi o único que puidemos probar porque o ceo encapotouse todo. A ver se mañá todo vai ben.

Saúdos

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola a todos:
Agora pola mañán está cuberto nos arredores de Santiago, a ver como evoluciona. Dada a predicción de hoxe de Meteogalicia é posible que algúnhas estacións poidan observar e outras non. Tan pronto poidades indicádeme se observáchedes ou se o intentáchedes e non o conseguíchedes por mal tempo.

Déixovos o meu usuario de skype por se algúen quere falar comigo hoxe pola tarde (ou se me ve conectado tamén pola mañán). O usuario é rimarzoa (igual que o meu apodo aquí). Por favor, usádeo só se vos xurde algunha dúbida, nada de fútbol, relixión ou temas que non teñan que ver coa ocultación, que estarei ocupado (para variar).

Apertas e sorte.
Ramón.

Responder
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Agora pola mañán está cuberto nos arredores de Santiago, a ver como evoluciona. Dada a predicción de hoxe de Meteogalicia é posible que algúnhas estacións poidan observar e outras non. Tan pronto poidades indicádeme se observáchedes ou se o intentáchedes e non o conseguíchedes por mal tempo.

Yo tengo todo listo para observar. Es cierto que por la zona de Santiago está cubierto pero yo iré de todas formas. Si despeja bien... y si no mala suerte.

Con respecto al mal tiempo yo siempre cuento la misma anécdota. Cuando fueron las leónidas del 99 salimos de Santiago con chuzos de punta y cuando llegamos al lugar de observación (a medio camino entre Santiago y Noia) dejó de llover. Y justo media hora antes del máximo se despejó casi por completo y pudimos observar la mejor lluvia de estrellas de nuestra vida.

Moraleja: hay que salir siempre. O.. el que la sigue la consigue.

Venga... que no decaiga  :wink2:

Responder
Página 18 / 26
Compartir: