Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación o 21 de xaneiro

127 Respuestas
17 Usuarios
0 Reactions
38 K Visitas
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Un apunte de última hora sobre la estación de Tui.
Por motivos personales me es imposible estar ese día en el lugar previsto. En su lugar estaré en O Pino, el lugar de observación habitual de ClubeVega
coordenadas : 42.939554, -8.334185

Ramón ya está enterado del cambio.

Responder
Respuestas: 1534
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Vale, xa vexo visibility. Creo que o catarro que teño volveume algo cego (aparte de sordo). A esas opcións eu non lle toquei. Básicamente é para que garde un iconiño na barra de tarefas de Windows á dereita indicando que é un programa en stand-by. Podes deixalos así se queres.
Eu non coñezo o software da DMK aínda que a cámara ten moi boa pinta. Pero en Forcarei teñen o software da QHY5 e sí ten a opción de insertar a hora en cada frame. Así xa tes un plan B por se non atopas a opción da DMK.
Saúdos.
Ramón.

Ramón, o timestamp creo que e unha cousa,e o sobreescribir fecha e hora e outra,polo menos nas cámaras que teño dmk e qhy5.Na dmk ten timestamp que consiste en como dixen gardar o nome do arquivo con a data e hora minutos e segundos do comenzo.A qhy5 sobreescribe eso no vídeo incluidas décimas de segundo,peeeero esta cámara ten unha duracion máxima de vídeo limitada e moi curta para o propósito.
A dmk graba os minutos que fallan falta e, (importante) se se ten a fiestra de Video record averta a veira marcando os minutos,segundos e décimas, o efecto e o mesmo que a qhy5 sobreescribindo.Ademais,o grabar como nome do arquivo a data de escomenxo en minutos e segundos,podo deducir a que segundo e de´cima acontece a ocultacion e emersion.
De modo que opto por iste método.Penso que un afinamento de de´cimas xa non estaría mal.

Responder
Respuestas: 158
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Ola a todos. Un amigo lugués prestoume unha webcam philips para o da ocultación. Ademais, esquecín contar que eu teño unha QHY5. Polo tanto descarto o uso da DSLR. Veño de instalar e configurar o dimension4 seguindo as informacións dos últimos posteos y xa estou sincronizado co hora.roa.es. O malo é que non teño garantizado o da conexión a internet. Estarei no observatoiro de Cotobade. Agardo que algún outro Sirio se anime tamén.

Que pensades que é mellor que use. A QHY5 ou a Philips webcam?

A ver que tal o tempo. Apertas para todos.

Responder
Respuestas: 158
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Outra pregunta máis. Xa instalei o HandyAvi. Preciso dalgunhas informacións. Hai que grabar en modo Meteor Trail Detect a 30 fps e sen compresión? Hai que tocar algún outro parámetro?

Actualización: mellor grabar en modo timelapse con frecuencia de 0.05 segundos? Xa lle estampei o tempo e tal. Parece que a cousa pode funcionar...

Responder
salva
Respuestas: 489
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Outra pregunta máis. Xa instalei o HandyAvi. (...)
Actualización: mellor grabar en modo timelapse con frecuencia de 0.05 segundos? Xa lle estampei o tempo e tal. Parece que a cousa pode funcionar...

    Estaba preguntándome o mesmo. HandyAvi é moi bó para detectar cambios (para as trazas de meteoros vai razoabelmente ben), pero non parece ter ningún menú específico para gravar vídeo normal, así sen máis.

    Probabelmente a mellor opción é a que comentas, Angel, gravar en modo timelapse cun retardo moi pequeno. Outra podería ser gravar en modo MotionDetect con sensibilidade 100 (segundo o manual, en Motion Detect Movie Setup Section: "If the sensitivity is set to 100.0, then ALL frames will be captured after you "START" making a video. Each frame will seem to be different from the previous frame so all frames will be captured.").  Esta segunda opción tería a vantaxe de que non hai que especificar a frecuencia de adquisición, porque xa se usa a que lle poñas á cámara, pero se por algún motivo a sensibilidade se desaxusta e queda en menos de 100.0 o programa deixaría de gravar algunhas frames aleatoriamente e iso sería catastrófico para a medida de tempos.

    Aínda non probei ningunha desas opcións. Alguén que o fixese pode comentar que tal van?

    Apertas! (e ceos despexados!)
    s.

Responder
Página 16 / 26
Compartir: