Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación o 21 de xaneiro

127 Respuestas
17 Usuarios
0 Reactions
37.9 K Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola a todos:

Non adoito escribir moito por aquí aínda que leo as mensaxes de cando en cando.
Este post é para avisar de que o próximo 21 de xaneiro haberá unha ocultación dunha estrela
relativamente brillante por un asteroide que se poderá ver dende prácticamente toda
Galicia. A estrela en cuestión é de magnitude 7,1 (visible con prismáticos) e será ocultada
por un asteroide pouco coñecido de magnitude ~13, polo que a caída de brillo será de máis
de 6 magnitudes durante ~8 segundos. O camiño previsto da sombra abarca toda Galicia
excepto a costa de Lugo e a zona ó SW de Vigo (Tui, A Guarda). Ademáis o día 21 é sábado
e o suceso será a unha hora decente (~ 23 TU). Tamén temos máis dun mes para planear e
facer probas. E a vantaxe das ocultacións é que tanto as observacións positivas como
as negativas son igualmente valiosas.

A cuestión é que algúns de nós mercamos unhas cámaras Watec que se poden aproveitar
moi ben para cronometrar a ocultación se se conectan a un telescopio e se marcan as
imaxes con marcas de tempo fiables (GPS ou protocolo NTP). As Watec son moi sensibles
e non creo que fixera falta un telescopio moi grande para poder medir a ocultación,
aínda que non estou seguro do diámetro que faría falta para detectar a estrela coa
Watec. Quizáis cun 10 cm xa sería suficiente pero habería que probar. Ademáis, tamén
se poden usar webcams das usuáis para tomar secuencias planetarias.

A cuestión é que non nada frecuente que se poida observar dende Galicia a ocultación
dunha estrela tan brillante. Poderíamos intentar usar a rede CMON para observar esta
ocultación e tentar obter o perfil do asteroide. Coa avantaxe de que calquera que tivera
unha webcam se podería sumar a nós para observala. Se usamos a Watec co telescopio é
necesario utilizar un adaptador de C-mount a 1"1/4. Eu teño un de Baader Planetarium
(#2958515) que me valeu 16 euros en Valkanik pero seguro que os hai máis baratos por
Ebai ou noutras tendas.

¿Alguén máis se apunta a observar esto? ¡Se está despexado claro!

Un saúdo a todos.
Ramón.

126 respuestas
Respuestas: 139
Estimable Member
Registrado: hace 16 años

Muy atractivo!!! a ver si podemos colaborar ( por motivos laborales ), de todos modos danos los datos de la estrella para it terebellando.

Un saudo. ¿E que tal as tuas mozas?

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola:
As miñas mozas moi ben. Grazas da súa parte.
En canto ós datos da ocultación vos paso directamente o link coa información.
http://www.asteroidoccultation.com/2012_01/0121_329_26266.htm

Por certo que a estrela é moi doada de localizar xusto ó N de Mintaka (delta Ori).

En canto ó que se observa e os resultados que se obteñen podedes velo neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=EMhPVk8JVM8
Saltade directamente ó minuto ~7:20 para aforrar o royo do tipo.

Un saúdo.

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Atractivo el asunto,,,, No tengo la famosa watec, pero he pensado que si la estrella es mg 7.1 la camara orion o la toucam conectadas al telescopio lo podrían grabar... No valdría para aportar darto alguno, pero.... (creo que se puede probar)... es una idea... No tenía ni idea de esta ocultación pero si no hay nubes es un plan excelente. Lo que no tengo ni idea de como se hace es eso de sincronizar el cronómetro...  :whistle: de hecho yo hago los videos de lunar o planetaria y no me aparece reloj ni nada...
Bueno, yo lo intentaré con permiso de meteogalicia  :arf:

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola:
para sincronizar o reloxo do PC con un servidor de tempo hai que usar un protocolo que se chama NTP (Network Time Protocol) que pode sincronizar o reloxo con precisión de milisegundos ou mellores. Hai algúns programiñas para Windows que o fan, aquí van algúns enlaces:
http://www.thinkman.com/dimension4/
http://www.atomtime.com/
Pola cámara non te preocupes que a Toucam tamén ha de valer, sobre todo porque xa tes experiencia en usala e en tomar imaxes planetarias. Aínda que sexa menos sensible que a Watec non creo que teñas problema aínda que quizáis poidas probar algún destes días para ver que tal detectas a estrela.
Se vas a observar dende O Barco a túa aportación sería valiosa porque estás situado preto do borde do percorrido da sombra. Se detectas a ocultación ben, e se non a detectas tamén porque estás impoñendo un límite ó tamaño do asteroide.

Un saúdo.

Responder
Página 1 / 26
Compartir: