Ola a todos:
De novo voltamos á carga cunha ocultación bastante interesante e relativamente doada de observar. Na noite do 9 ó 10 de xullo produciráse unha ocultación dunha estrela de magnitude 8.9 polo asteroide Markrobinson (coñecido na súa casa á hora de comer). Aquí tedes a ligazón á información coa última
predicción:
http://asteroidoccultation.com/2012_07/0710_7778_27842.htm
Dado que a estrela é relativamente brillante é axeitada para observala con equipamento modesto: coas cámaras Watec e un telescopio de 9 ou 10 cm podería valer. Quizáis tamén se podería tentar observar cunha webcam, pero neste caso, dado que son menos sensíbles, sería necesario un telescopio maior para recoller máis luz, e habería que facer probas antes para comprobar que se ve a estrela coa configuración instrumental.
A estrela é doada de atopar dado que ten preto outras estrelas brillantes (épsilon Andromedae a uns 2º). O único inconvinte que hai é que a ocultación se producirá coa estrela a uns 25º de altura sobre o horizonte E.
A franxa de ocultación é bastante estreita e pasa por Lugo, Ourense e o E da provincia de Pontevedra. Aínda así, ten unha incertidumbre grande que abrangue case toda Galicia e podería ser que se observara a ocultación dende calquera outro punto.
Hai varias opcións para observar a ocultación:
-Usando as cámaras Watec (ou webcam) como fixemos noutras ocasións, sincronizando por NTP.
-Usando unha cámara CCD ou unha cámara DSLR en modo drift-scan.
-Usando unha cámara DSLR en modo vídeo para o cal habería que gardar uns sináis horarios fiables (onda corta ou similar).
-Visualmente, cronometrando a ocultación cun reloxo ben posto en hora con sináis horarios fiables. Este método é o máis impreciso.
Un saúdo.
Ramón.