Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación de beta Capricorni pola Lúa na tarde do 18 de Novembro.

17 Respuestas
6 Usuarios
0 Me gustas
6,894 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:

Aínda que hoxe non fai moi bó tempo (en Ames agora mesmo está a chover a cántaros) Meteogalicia prevé para mañán unha melloría significativa para boa parte de Galicia, sobre todo pola tarde. Se o tempo mellora o suficiente para poder observar, propoño facer unha proba sinxela dos medios técnicos que temos observando a ocultación da estrela beta Capricorni pola Lúa.

A ocultación produciráse en Santiago ás 20:27 TU polo lado non iluminado da Lúa e a reaparición produciráse polo lado iluminado ás 21:02 TU. Un problema que haberá é que a ocultación produciráse a só 14º sobre o horizonte W coa Lúa xa poñéndose, co cal, para observala, haberá que ter un horizonte despexado nesa dirección.

Dado que a estrela é moi brillante, magnitude ~3, é moi doada de localizar (e terá a Lúa ó lado!) e se usamos as cámaras Watec poderemos empregar calquera telescopio ou teleobxetivo fotográfico. Se empregamos unha webcam teremos que usar un telescopio con máis diámetro dado que as webcams son moito menos sensíbles. Tamén se poden usar outras cámaras de fotos acopladas a un teleobxetivo gravando en modo video.

Un aliciente que ten esta estrela é que é dobre, polo que a caída de brillo non será abrupta, senon que terá un escalón. Este é un bo momento para probar o instrumental que temos, PC de adquisición, tarxetas gráficas, sincronización horaria, etc... e logo analizar as imaxes usando Limovie, por exemplo, e obter algo de práctica.

Na seguinte ligazón tedes a información da IOTA sobre este suceso:

http://www.lunar-occultations.com/iota/bstar/1118zc2969.htm

Aparecen os horarios para A Coruña, Santiago e Vigo, pero non vaiarán máis que uns segundos para outras localidades de Galicia.

Un saúdo.

16 respuestas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ademáis  :666: acábeseme de ocorrer que como aínda están activas as Leónidas podemos facer unha proba de adquisición coas Watec para ver se obtemos algún impacto contra a cara oculta da Lúa. Así, cando veñan as Xemínidas, que serán máis intensas teremos gañada unha experiencia moi valiosa. Con esto mataríamos dous paxaros dun só tiro.
Lembrádevos que a sincronización horaria é fundamental para facer estas observacións.
Saúdos.

Responder
salva
Respuestas: 489
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

      Interesante oportunidade. Tentaremos facelo!  :great:

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

Eu tamén me apunto. A ver si dunha vez sae todo ben.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
A tarde estivo moi boa na zona de Santiago pero ó caer a noite empezaron a aparecer nubes altas. Teño moi pouco tempo de gravación da parte non iluminada da Lúa debido ás nubes pero afortunadamente uns minutos antes da ocultación clareou e teño rexistrada a ocultación de beta Cap e dunha compañeira un par de minutos antes.
Agora teño gravando a Lúa de novo pero volven a pasar nubes. A ver se podo rexistrar a reaparición da estrela.
Saúdos.

Responder
Página 1 / 4
Compartir: