Foro patrocinado por:

Autor Tema: Fotos da eclipse lunar e alerta de impacto meteorítico  (Leído 47 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2392
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Fotos da eclipse lunar e alerta de impacto meteorítico
« en: 25 de Enero de 2019, 19:21:18 »
No proxecto Ceos Galegos temos en marcha un concurso de fotos da eclipse lunar do luns. Servirá tamén de galería perenne para as imaxes que se suban e así non se perderán nas redes sociais co paso do tempo. Ademais, faremos un pequeno sorteo entre todas as  imaxes subidas. ANTES DO 29!

De xeito complementario imos dar varios premios ás mellores imaxes: votación do público, votación dun xurado e mellor imaxe didáctica, en colaboración coa Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura da Ciencia e a Tecnoloxía.

Para participar tedes que subir vós mesmos as imaxes. Temos un módulo moi sinxelo e doado de usar na web para esta ocasión.

Por último, temos unha alerta. Revisade as vosas imaxes pois ao redor das 5:40 e 5:45 está rexistrado un impacto meteorítico na zona eclipsada a Lúa. Se atopades algún punto luminoso nalgunha imaxe nese rango de tempo, poida que non sexa un píxel quente senón un rexistro do evento. Facédenolo saber por se pode ser útil para algún investigador destes fenómenos. Se tedes vídeo completo do evento moito mellor.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)