Foro patrocinado por:

Autor Tema: AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.  (Leído 2609 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2391
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« en: 05 de Septiembre de 2018, 14:44:11 »

Pois xa está lista a festa de AstroGalicia18. Só queda que os interesados comecedes a inscribirvos e, un secretiño, hai un dos obradoiros que vai ser a caña e que ten prazas moi, moi limitadas. Só avisamos. :whistle:

Temporalmente, a falta dun lugar mellor, toda a información está centralizada no proxecto Ceos Galegos. Alí está a información básica e o formulario de inscrición.

Estes días estiven comentando con varias persoas os nomes dos ponentes das charlas divulgativas e todo o mundo me dixo o mesmo: un luxazo. Por nomes, por proxección, por percorrido, por actualidade... contar entre nós a Jorge Pla García, Francesca Figueres, Paco Bellido e os resto de invitados sitúa a AstroGalicia deste ano entre o mellorciño en moito tempo. E, no que se refire aos obradoiros, sen comentarios.

(Off the record)
Hai alguén aquí? Son eu o único que anuncia todos os proxectos e actividades nos que participa ou organiza neste foro?
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1466
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #1 en: 19 de Septiembre de 2018, 18:02:07 »

(Off the record)
Hai alguén aquí? Son eu o único que anuncia todos os proxectos e actividades nos que participa ou organiza neste foro?
A ver,esta un servidor que non e moito,pero eche o que hay,eu tranquilo.
Eu sigo dicindo que as datas son un pouco "tarde",noites mais frías,posibilidade de neboeiras a beiriña do Miño,etc. e iso para os que coma mín imos en idade avanzada non e moi doado,polo demáis pareceme ben.
Un saúdo.

Desconectado Pablo

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1739
  • Karma: 23
    • Ver Perfil
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #2 en: 20 de Septiembre de 2018, 00:21:55 »
Allí estaremos ¡¡¡¡¡  :yes: :yes: :yes:.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2391
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #3 en: 20 de Septiembre de 2018, 19:59:11 »
Eu sigo dicindo que as datas son un pouco "tarde",noites mais frías,posibilidade de neboeiras a beiriña do Miño,etc. e iso para os que coma mín imos en idade avanzada non e moi doado,polo demáis pareceme ben.
Un saúdo.

Poucas cousas teño tan claras ademais de que a terra xira ao redor do sol como que o Camilo preferiría que AstroGalicia fose no verán. Pero verás, agás a primeira edición, que se fixo no mes de xullo (organizada por Pablo, Moisés máis eu), o resto foron indo cara datas nas que este mendalerenda podía traballar pola causa. Creo que poucos eventos hai en toda España que se anuncien con tanta antelación (todos os anos avisamos da data en marzo ou abril), que se comente nun foro aberto por se alguén quere suxerir temas ou invitados (aí están os diversos fíos abertos cada ano) e que estea apoiado por tantas asociacións e tan diferentes. Este ano colabouran (ollo, iso implica poñer cartiños, que as cousas non se fan soas), a gran parte das asociacións astronómicas de afeccionados do país (cinco!!), unha de divulgacion científica e unha de fotógrafos. Ninguén queda fóra por non ser invitado ou por non enteirarse, a non ser que queira. E a ninguén que quixera participar na organización se lle dixo nunca que non, a pesares de que as últimas edicións lévase con bastante soidade.

Desde o comezo, se algo non foi AstroGalicia é unha quedada para observar as estrelas en compañía doutros afeccionados. Aínda que todos os anos, mellor ou peor, se produce esa parte da quedada. Por que? Pois porque se trata de crear unha festa (aínda que ás veces poida parecer un congreso) que entre todos nos podemos dar para "permitirnos" atraer a xente do mundo da astronomía que queremos coñecer e de quen podemos aprender. Viches o plantel de relatores deste ano???

Desde o comezo, AstroGalicia foi unha actividade aberta a que os astrónomos afeccionados puideran afondar na astronomía, pero tamén que xente que non ten nin idea se poida achegar por vez primeira a este mundiño. Movémonos sempre entre os 50-75 inscritos e, de verdade, a min dáme un pouco de mágoa que non haxa moita máis xente. Máis aínda pensando en que entre socios de asociacións colaboradoras súmanse varios centos. E todos os anos tratamos de meter cousas novas ou atraer a público novo, pero a cabeciña non dá para máis.

As datas? Agás a primeira edición, o resto facíase na primeira fin de semana posterior á primeira lúa nova de setembro (ou anterior) ou similar. Pero debía ser moi complexo de calcular a data (tanto como saber cando cae a pascua), porque hai uns anos tivemos que escoller outra data diferente porque en setembro comezou a facerse outro evento astronómico en Galicia, e pareceunos cortés non competir, habendo 54 semanas no ano e 15-20 con condicións de lúa favorables

En outubro? Pois verás, como resulta que nos últimos anos os meses de verán o único que fago é traballar coa unha mula (cada un vale para o que vale) pois outubro é o mes que máis me convén. Non coincide co congreso estatal de astronomía, a meteoroloxía soe ser favorable (coñe, que estamos no val do Ribeiro, en Ourense), e despois do parón do verán onde nindiós responde un puñetero correo electrónico hai tempo polo medio para actualizar a información dos relatores, facer a web, preparar as inscricións e demais.

De todos os xeitos, comprendo que no teu caso Camilo este ano che quede moi a desmán asistir a AstroGalicia. Moi afastado da túa casa e, como dís, unha meteoroloxía xa bastante fresca. De todos os xeitos nas salas de actividades hai calefacción e, se imos facer algo fóra e resultara que estea o tempo fresco, podo prestarche unha rebequiña. Eu creo que ver en directo a Francesa Figueras, Jorge Pla, Paco Bellido ou asistir a algún dos 6-7 obradoiros que imos ter (máis ca nunca), ben merecería a pena un esforciño.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1466
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #4 en: 21 de Septiembre de 2018, 16:15:55 »
Bueeeno,o sitio no me queda lonxe,xa sabes que de vez en cando algún domingo acercome por ahí simplemente para tomar algo coa familia e dar "un paseo".
Se che son franco,non sei case que nada de astronomia,só facer catro cousas e, despois de que a vida me dira alguns contratempos con temas de "politiqueo astronomico" e, nalgunhas ocasions con "mal sabor de boca" INNECESARIO,decidin facer vida de mosteiro e dedicarme o meu sosegadamente.
De todos os xeitos valoro o teu traballo e os de moitos mais,moitas das ocasions non correspondidos e valorados como tiña que ser.
Un saúdo.

Desconectado alejandromeira

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1204
  • Karma: 2
    • Ver Perfil
    • http://www.ourenseastronomico.org
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #5 en: 21 de Septiembre de 2018, 20:09:20 »
(Off the record)
Hai alguén aquí? Son eu o único que anuncia todos os proxectos e actividades nos que participa ou organiza neste foro?

l'omertá
Medí los cielos,
ahora mido las sombras de la tierra.
Del cielo es mi mente,
en la tierra descansa mi cuerpo.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2391
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #6 en: 04 de Octubre de 2018, 20:05:46 »
Camilooooo!!!! Mira que aquí falan de ti. E non sei se de min, pero como non teño nin idea de quen son fáiseme raro, raro. Haiche xente que garda xenreira durante 12 anos, xa ves. Ou igual é amor platónico, vai ti a saber. Non sei que é máis de temer.

Algo lles farías. E mira que berran, eh?  :rofl: :rofl: :rofl:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1466
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #7 en: 06 de Octubre de 2018, 14:25:13 »
Otia que ben!! Xa pensei que eu estaba esquencido.
Bueno eu creoche que quen sexa ise personaxe non se refire a  mín xa que eu non organizo nada.Ou  refirese a mìn sendo a persoa que se da conta despois de 12 anos e son eu?.
Se a outra persoa eres tú que organiza cando che conven,eu animote a que sigas organizando.
Decian os vellos de antes"e mellor que digan madre que o pariu, ca que digan miña xoiña".
Pola miña parte sigo coas miñas observacions cando me peta e teño as costas moi anchas.Como che dixen noutro post xa no me interesa a politiqueo astronomico.
Saùdos.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2391
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #8 en: 06 de Octubre de 2018, 21:47:13 »
Se a outra persoa eres tú que organiza cando che conven,eu animote a que sigas organizando.
Cala, cala... Cando se enteire de que non só se fai cando a min me vai ben senón que tamén se fai onde a min me vai ben, vai ser un esperrenche.  :whistle: Iso si, o de que sempre se avisa neste foro 6 meses antes das datas e do lugar e que sempre se pide axuda e está aberto para temas e nomes de invitados, nin se comenta  :rules:

Aí o está, AstroGalicia, 9 edicións. Aínda se pode rastrexar neste foro todo o que se fixo nas primeiras, o que se discutiu, o que se decidiu. Coido que poucos eventos houbo tan abertos coma este no país.

Algún día haberá que escribir a noveliña traxicómica de como naceu AstrOurense, unha asociación que devorou dous presidentes en 6 meses e despois tivo o mesmo durante anos e anos (creo que debe ser a única asociación galega coa mesma presidencia durante case unha década; no resto que eu coñezo sempre hai renovacións de persoas e ideas). E, como corolario, a historia do nacemento da federación galega, esa entidade que parece o guadiana e que xorde de cando en vez, montada á forza enganando ou tratando de enganar a algúns deste foro. Curiosamente, a ela non pertence nin Agrupación Coruñesa Ío, nin Clube Compostelán Vega, nin Agrupación Rías Baixas, nin AstroVigo, nin... Ah, e co epílogo da vergoña allea que pasamos algúns galegos o día fundacional da Federación de Asociaciones Astronómicas de España  :intello:

Ala, xa lle din un pau ao avesporeiro. Voume deitar.  :666:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado monje

  • Apo
  • ***
  • Mensajes: 523
  • Karma: 18
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #9 en: 22 de Octubre de 2018, 13:26:55 »
Ostras!! bien movido está el avispero....

No tenía noticia de la existencia del observatorio de Corgas... Pero teniendo en cuenta que su responsable dice pertenecer a la FEGAR(Fed.Gallega de Astron. y Radio-Astronomía)  y que yo sepa la tal federación sólo tiene un miembro.....

La verdad es que no sabía que tuviese a más gente en su lista negra. Yo me vi involucrado en la creación de la FEGAR y quiero pensar que contribuí a que no "nos la metieran doblada" cuando vi el percal.... Espero que eso se tenga en cuenta cuando Osiris pese mi corazón... :)

Por cierto, Camilo: que sepas que Paco Bellido en el taller de foto planetaria en #AstroGalicia18 te mencionó como un importante contribuidor a la observación planetaria.... :)

Saludos a ambos.

P.D.- Dosi: tesme que contar o da vergoña na FAAE por mor da FEGAR... Esa hitoria non a sei... :D


Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1466
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re:AstroGalicia18: a festa galega das estrelas. Xa está aquí.
« Respuesta #10 en: 22 de Octubre de 2018, 19:11:33 »
Ostras!! bien movido está el avispero....

No tenía noticia de la existencia del observatorio de Corgas... Pero teniendo en cuenta que su responsable dice pertenecer a la FEGAR(Fed.Gallega de Astron. y Radio-Astronomía)  y que yo sepa la tal federación sólo tiene un miembro.....

La verdad es que no sabía que tuviese a más gente en su lista negra. Yo me vi involucrado en la creación de la FEGAR y quiero pensar que contribuí a que no "nos la metieran doblada" cuando vi el percal.... Espero que eso se tenga en cuenta cuando Osiris pese mi corazón... :)

Por cierto, Camilo: que sepas que Paco Bellido en el taller de foto planetaria en #AstroGalicia18 te mencionó como un importante contribuidor a la observación planetaria.... :)

Saludos a ambos.

P.D.- Dosi: tesme que contar o da vergoña na FAAE por mor da FEGAR... Esa hitoria non a sei... :D
Hola.
Bueno,a veces los avisperos tienen que moverse sinó no tiene gracia.La verdad es que tampoco sabía nada de esa tal FEGAR ni me interesa,y quiero que no se me interprete mal,aprecio vuestro trabajo,pero ultimamente y como dije antes hago "vida de monasterio" porque mi familia me acupa todo y observo cuando puedo o cuando "me peta".
Tenía pensado ir a Astrogalicia y asi se lo hice saber a Alejandro que me llama de vez en cuando y no se si èl fuè,pero después cosas de familia no me dejaron hueco para ir.
Tenìa muchas ganas de conocer en persona a Paco Bellido ya que compartimos muchas tomas planetarias,(otra vez serà) y te agradezco que me digas que se acordó de mi en su charla. Si no es por tí no lo sabìa y esto me anima a seguir con mis observaciones de planetas.
Saludos.