Foro patrocinado por:

Autor Tema: AstroGalicia 2018: convocatoria inicial e datas  (Leído 169 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2388
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia 2018: convocatoria inicial e datas
« en: 30 de Mayo de 2018, 17:01:25 »
Marcade nas vosas axendas, para acudir e para non programar outros eventos.

Datas: do 11 ao 14 de outubro. Máis longo que nunca.
Evento: AstroGalicia18-a festa galega das estrelas.
Contidos: a determinar.
Lugar: Parque Náutico de Castrelo.

Non hai máis polo momento. Temos pendentes 5 persoas ás que xa invitamos para que nos conten cousas e moitas ideas por diante. De feito, aínda non temos claro se comezaremos o 11 ou o 12, aproveitando a ponte festiva. É posible que fagamos unha actividade moi chula en paralelo ou o día anterior, que sirva de introdución.

Por suposto, se tedes ideas, suxestións, contactos que queirades traer... agradécese desde xa que contedes. Ah, e se alguén quere botar unha man para a organización tamén se agradecerá.

As asociacións de astrónomos amadores galegos xa tedes un correo ao respecto. Por favor, se algunha asociación non recibiu facédemo saber para corrixir posibles erros.

Temos bo tempo garantido, xa está a caer toda a auga reservada para o que quedaba de década. Polo que no outubro teremos ceos despexados seguro.  :666:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado ursaminor

  • Acromático
  • *
  • Mensajes: 54
  • Karma: 0
    • Ver Perfil
Re:AstroGalicia 2018: convocatoria inicial e datas
« Respuesta #1 en: 19 de Agosto de 2018, 14:42:36 »
Sábese algo do tema?

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2388
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia 2018: convocatoria inicial e datas
« Respuesta #2 en: 20 de Agosto de 2018, 16:39:16 »
Sipi. Aínda que só estamos poñendo no meu twitter as novidades, xa que falta por pechar case todo.

Entre as asociacións astronómicas colabouradoras vai ser como ata o de agora, pendentes de que a última confirme. Este ano foron case todas lentísimas en responder  :intello:

As datas seguen a ser as mesmas. O máis seguro é que comecemos o venres 12 de outubro a noitiña e durante ese día estamos a ultimar unha xornada formativa para docentes de secundaria. Hai que crear redes.
Entre os ponentes que xa temos confirmados, eis a lista provisoria:
- Paco Bellido (www.elbesoenlaluna.com): para dar unha charliña e quen sabe se un obradoiro avanzado sobre astrofotografía.
- Cesca Figueres: a presi da Sociedad Española de Astronomía. Sera para contarnos as novidades de Gaia, un dos nosos temas recurrentes das últimas edicións.
- Dani Caxete: astrofotógrafo cuns cantos APOD da NASA publicados e varias menciós e premios no concurso de astrofoto de Greenwich.
- Iván Esfenodón: responsable de comunicación do grupo www.divulgare.net, cun obradoiro práctico para aprender a facer guións, scripts, comunicar á hora de realizar proxectos de divulgación astronómica.
- Jorge Arranz: técnico de planetario no CosmoCaixa de Alcobendas (Madrid).

Se todo vai ben a semana que vén xa contaremos cunha sinxela web informativa e para comezar a inscribirse.

E aínda estamos pendentes de máis.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)