Autor Tema: Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.  (Leído 357 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Ola a todos:

De novo chamamos a atención sobre unha posible ocultación por obxetos transneptunianos (TNO). Josselin Desmars, do observatorio de París, avisa de que na tardiña do 28 de xullo podería producirse unha ocultación dunha estrela de magnitude G=12.6 polo TNO chamado 2002 MS4. Esta previsión é algo incerta e a banda de ocultación pasa, a priori, polo N de Europa, pero dado que a incerteza é duns 2000 km, e a estrela é bastante brillante, merece a pena botarlle un ollo e cruzar os dedos. A ocultación produciráse aproximandamente ás 21:00 TU cunha incerteza duns 110 segundos (1 sigma), pero solicítase observar entre as 20:45 e as 21:15 TU para máis seguridade. Este horario coincide no crepúsculo e penalizará os observadores do N de Europa, pero non será un inconveniente para as nosas latitudes.

A estrela chámase UCAC4-416-082208 (Gaia mag 12.5), e as súas coordenadas son estas:
RA J2000 (h m s):  18 35 23.4127
DEC J2000 (° ' ") : -06 53 33.575

Tedes a información completa na páxina do proxecto Lucky Star do Observatorio de París, incluíndo cartas de locaclización, etc...:

http://lesia.obspm.fr/lucky-star/predictions/2017/2002MS4/html/2017-07-28-20h59m01s_2002MS4_GDR1_NIMAv2.html

Coma sempre, as condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar.  E asegirarse de que a referencia de tempo é a correcta.

Déixovos aquí un mapa cos últimos datos que se teñen sobre esta ocultación (e unha carta de localización da estrela de 20'x20').

Saúdos.
R.
« Última modificación: 26 de Julio de 2017, 13:30:41 por rimarzoa »

Desconectado alejandromeira

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1202
  • Karma: 2
    • Ver Perfil
    • http://www.ourenseastronomico.org
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #1 en: 26 de Julio de 2017, 11:28:43 »
Eu se tivera observatorio non dubides que intentaba pillalo.

pero xa ves... Menos mal que nos queda portugal (digo a teoría)   :ange: :ange: :ange:
Medí los cielos,
ahora mido las sombras de la tierra.
Del cielo es mi mente,
en la tierra descansa mi cuerpo.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #2 en: 26 de Julio de 2017, 11:53:04 »
Ola:
Non tes que ter observatorio. Eu non o teño e vou tentar observar. Necesitas telescopio con seguemento, unha cámara CCD e unha boa referencia de tempo (NTP ou GPS), Nin sequera necesitas filtros. Inténtao. Aprenderás moito.
Saúdos.
R.

Desconectado alejandromeira

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1202
  • Karma: 2
    • Ver Perfil
    • http://www.ourenseastronomico.org
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #3 en: 26 de Julio de 2017, 12:44:10 »
A ver si me explico ben home, o corpo xa non me pide ir, acarretar o telescopio, o trípode, camaras, ordenador, baterías, montar, alinear, desmontar, andar co coche de noite... Fai dez anos ben que o facía pero agora....
Medí los cielos,
ahora mido las sombras de la tierra.
Del cielo es mi mente,
en la tierra descansa mi cuerpo.

Desconectado hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo
  • *****
  • Mensajes: 907
  • Karma: 15
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #4 en: 26 de Julio de 2017, 13:06:34 »
Non vexo por ningures a duración. ¿Pódese ver nalgún lado?.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #5 en: 26 de Julio de 2017, 13:22:56 »
Ola:
Non teñen posta a duración porque non se sabe o tamaño exacto do TNO, é exactamente o que se quere medir, e dado que hai unha variedade moi ampla de tamaños creo que non se arriscaron. Sen embargo, do ancho da banda de ocultación, pódese estimar que durará algo máis de medio minuto. Así a ollo. Pero pode haber sorpresas.
Saúdos.
R.

PD. Actualizo o post orixinal cunha carta de localización da estrela de 20'x20'.

PPD. Acabo de atopar unha predicción que dí que o diámetro estimado é de 934 Km e a duración de ~42 s.
« Última modificación: 26 de Julio de 2017, 13:45:26 por rimarzoa »

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #6 en: 30 de Julio de 2017, 21:10:50 »
Ola:
A ocultación foi negativa dende o OAJ, en Teruel. Ata onde sabemos tamén foi negativa en Sabadell en dende Dax (SW de Francia).
Saúdos.
R.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2384
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Posible ocultación polo TNO 2002MS4 na noite do día 28 de xullo.
« Respuesta #7 en: 06 de Agosto de 2017, 14:50:51 »
Conste que os que non temos capacidade técnica para estes proxectos seguimos con atención os vosos resultados. Tanto positivos coma negativos. Paréceme moi interesante.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)