Autor Tema: Ocultación polo TNO 2005CB79 na noite do 23 de marzo.  (Leído 114 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

20 de Marzo de 2017, 12:04:28

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 352
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación polo TNO 2005CB79 na noite do 23 de marzo.
« en: 20 de Marzo de 2017, 12:04:28 »
Ola:
Volvemos á carga con ocultacións por obxetos transneptunianos. Na madrugada do 24 de marzo (noite do 23 ó 24, xa mesmo) haberá unha ocultación dunha estrela de magnitude 16.8 polo TNO 2005CB79. Esta previsión é moi favorable para a península ibérica e para o NW (Galicia) en particular.

A ocultación é rápida polo hai que usar tempos de integración cortos, e como a estrela é feble, obriga a usar telescopios grandes (típicamente con 35-40 cm ou máis). As condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar.

A mala nova é que a previsión meteorolóxica é mala para Galicia.
Déixovos aquí un mapa cos datos da ocultación e o campo de observación (15'x15') coa estrela a ocultar marcada no centro da imaxe. Con coller esa estrela e outras dúas máis de comparación, por exemplo as dúas que hai ó E que son máis brillantes é dabondo.

Saúdos.
R.

Actualización: a incerteza na banda de ocultación é de aproximadamente 0.5 o seu ancho, así que hai un ~50% de probabilidades de ter unha ocultación positiva.
« Última modificación: 20 de Marzo de 2017, 12:11:17 por rimarzoa »