Autor Tema: Foto Astronómica do Día, APOD da NASA 2016: charliña en Ourense  (Leído 257 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

15 de Enero de 2017, 23:58:15

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Sinopse: O Astronomical Picture Of the Day ([ur=http://apod.nasa.govl]apod.nasa.gov[/url]) da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior.

Agora, por terceiro ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego. Xa imos camiño de que se converta nunha tradición anual. A ver cando duran as forzas  :whistle:

Título: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego.
Lugar: Ateneo de Ourense, Av. Habana, 25.
Data: sábado, 21 de xaneiro de 2017.
Hora: 20:00 horas.

Outras cidades: acabo de mandarlle a info a varias asociación galegas. Así que durante os vindeiros días, se están interesadas (como en anos anteriores), anunciaremos convocatorias semellantes noutras cidades. Se alguén está interesado e non recibiu a miña mensaxe, facédemo saber por favor. E grazas!!

Respuesta #120 de Enero de 2017, 15:06:45

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Foto Astronómica do Día, APOD da NASA 2016: A Coruña e Santiago
« Respuesta #1 en: 20 de Enero de 2017, 15:06:45 »
Xa hai confirmación de máis lugares:
A Coruña, na sé do MUNCYT
Data: xoves, 16 de febreiro de 2017.
Hora: 19:30.

Santiago de Compostela, lugar e hora por confirmar.
Data: sábado, 18 de febreiro de 2017.