Autor Tema: AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.  (Leído 594 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

02 de Octubre de 2016, 14:19:51

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« en: 02 de Octubre de 2016, 14:19:51 »
Velaquí o programa final. Suxeito a variacións, por suposto, que nunha semana as cousas poden cambiar algo. Lembrade que este ano será no Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
  • Homenaxe á misión Rosetta.
  • Pre-estrea mundial de “O mestre de astronomía”, sobre partituras de música medieval de Ramón de Pareja, comentarios sobre o coñecemento astronómica da época entre as pezas instrumentais adicadas aos planetas. Música a cargo de Juan Vázquez.
  • Observación con telescopio da Lúa, Saturno, Marte e outros astros.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades. Benvida de Xurxo Rodríguez (alcalde do Concello de Castrelo de Miño) e presentación ao cargo de X. Dosi Veiga (responsable da organización).
12:00
Charla i (acceso libre).
José María Madiedo: profesor titular da Universidade de Huelva e colaborador da Fundación AstroHita.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa (acceso libre). Coa colaboraciónd e AstroVigo.
14:00 Xantar.
16:00 Obradoiros (só inscritos).
  • Iniciación: a cargo de Jorge Arranz (Agrupación Astronómica de Madrid) e José Luis Cuesta (colaborado do INTA-CAB). Dirixido aos asistentes que queiran iniciarse no mundo da astronomía.
  • Perfeccionamento: dirixidos especialmente a astrónomos afeccionados que queiran afondar nalgún dos aspectos da astronomía que máis lles interesen.
  • Observación e detección de meteoros mediante radio: a cargo de J. M. Madiedo.
  • Emprego de receptores dixitais asequibles en radio-astronomía: a cargo de Javi Moldes (grupo www.cacharreo.es).
  • Como colaborar en proxectos profesionais de ocultación por asteroides: a cargo de Ramón Iglesias Marzoa (Observatorio de Javalambre).
  • Oculares para a observación visual: a cargo de Jorge Arranz.
19:00 Charla ii (acceso libre).
Ana Ulla: profesora titular da Universidade de Vigo.
o proxecto da axencia espacial europea Gaia. Primeiros resultados e traballo futuro.
21:00 Cea astronómica para os inscritos.
22:00 Observación astronómica (acceso libre):
  • Exemplo en directo de posible ocultación de estrela por asteroide.
  • Participación na International Observe the Moon Night.
  • Observación da Lúa, Saturno, Marte e outros obxectos astronómicos.
  • Anotados unha ducia de telescopios.
  • Prácticas dos inscritos no Obradoiro de iniciación.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos. Repetición dalgún dos obradoiros do día anterior que tiveran maior demanda.
12:00 Charla iii (acceso libre).
Charla a cargo de Centro de AstroBioloxia/CAB (INTA-CSIC, Instituto Nacional de Tecnica Aeroespacial - Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Pendente de confirmar.
14:00 Xantar oficial de despedida.
16:30 Visita a adega de viño (máximo de 20 persoas).

Prezos
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras e empadroados no Concello de Castrelo de Miño)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
Outras opcións: o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.

Patrocinadores
Concello de Castrelo de Miño
Agrupación Astronómica Coruñesa Io
Agrupación Astronómica Rías Baixas
AstroVigo
Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra
Clube Compostelán Vega de Astronomía
Ourense Astronómico
Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica


Respuesta #102 de Octubre de 2016, 14:29:06

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Previsión meteorolóxica.
« Respuesta #1 en: 02 de Octubre de 2016, 14:29:06 »
Polo momento, a unha semana vista, a previsión non pode ser mellor. Sol e tempo cálido (ergo, pouca humidade nocturna e nada de néboas).  :intello:

É o que ten a "California galega", o val do Miño na provincia de Ourense.

Respuesta #205 de Octubre de 2016, 22:28:42

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« Respuesta #2 en: 05 de Octubre de 2016, 22:28:42 »
Velaquí o programa final coas últimas variacións, debidas a circunstancias alleas á organización  :whistle:.
Lembrade que este ano será no Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes. Escolla de obradoiros.
20:00 Acceso ao campo de telescopios para a súa instalación.
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades (acceso libre).
  • Pre-estrea mundial de “O mestre de astronomía”, comentarios sobre astronomía e música no Renacemento. Música de vihuela (partituras de Luys de Milán e Luys de Narváez) tocada en directo por Juan Vázquez e comentarios astronómicos a cargo de X. Dosi Veiga.
  • Apagado alumeado público.
  • Observación con telescopio da Lúa, Saturno, Marte e outros astros.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades. Benvida de Xurxo Rodríguez (alcalde do Concello de Castrelo de Miño) e presentación ao cargo de X. Dosi Veiga (responsable da organización).
12:00
Charla i (acceso libre).
  • Meteoritos: impactos contra a Terra e a Lúa. José María Madiedo: profesor titular da Universidade de Huelva e colaborador da Fundación AstroHita.
  • Cada ano chegan á Terra entre 40.000  80.000 toneladas de partículas sólidas do espazo. A maioría son meteoroides, fragmentos de roca e metal que proceden de asteroides e cometas, colisionando contra a atmosfera do noso planeta a grande velocidade. Tamén impactan contra a superficie da Lúa, producindo relanzos que se poden detectar por telescopio. Os proxectos MIDAS e SMART permiten a súa detecección e seguemento
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa (acceso libre). Coa colaboración de AstroVigo.
14:00 Xantar.
16:00 Obradoiros (só inscritos). Tres sesións consecutivas de unha hora de duración cada unha.
  • Iniciación: a cargo de Jorge Arranz (Agrupación Astronómica de Madrid) e Luis Cuesta (colaborador do INTA-CAB). Dirixido aos asistentes que queiran iniciarse no mundo da astronomía.
    Perfeccionamento: dirixidos especialmente a astrónomos afeccionados que queiran afondar nalgún dos aspectos da astronomía que máis lles interesen.
  • Meteoritos: análise práctica e clasificación, con meteoritos reais. J.M. Madiedo.
  • Como colaborar en proxectos profesionais de ocultación por asteroides: a cargo de Ramón Iglesias Marzoa (Observatorio de Javalambre).
  • Emprego de receptores dixitais asequibles en radio-astronomía: a cargo de Javi Moldes (grupo www.cacharreo.es).
  • Oculares para a observación visual: a cargo de Jorge Arranz.
17:00 Obradoiro infantil de astronomía (acceso libre) a cargo de Ana Ulla. Limitado a 15 asistentes.
19:00 Charla ii (acceso libre).
  • Ana Ulla: profesora titular da Universidade de Vigo.
  • O satélite Gaia: estado actual e participación galega no proxecto. Gaia é unha ambiciosa misión da Axencia Espacial Europea (ESA) que ten o obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da nosa Galaxia, a Vía Láctea. Aprobada en 2001 e lanzada en 2013, presentou os seus primeiros resultados hai un mes. Os datos obtidos por Gaia aportarán nova luz practicamente en todos os eidos da astronomía. Serán unha referencia nos vindeiros 50 anos.
21:00 Cea astronómica para os inscritos. Platos de inspiración astronómica como Sopa de Encélado, Crocante do Hubble ou a Torta Setestrelo, entre outos.
22:00 Observación astronómica (acceso libre):
  • Exemplo en directo de posible ocultación de estrela por asteroide.
  • Participación na International Observe the Moon Night.
  • Observación da Lúa, Saturno, Marte e outros obxectos astronómicos.
  • Anotados unha ducia de telescopios.
  • Prácticas dos inscritos no Obradoiro de iniciación.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos. Repetición dalgún dos obradoiros do día anterior que tiveran maior demanda.
12:00 Charla iii (acceso libre).
  • Homenaxe á misión Rosetta. X. Dositeo Veiga.
  • Busca de vida extraterrestre desde Torrejón de Ardoz, Luis Cuesta Crespo do Centro de AstroBioloxía/CAB (INTA-CSIC, Instituto Nacional de Tecnica Aeroespacial - Consejo Superior de Investigaciones Científicas).

14:00 Xantar oficial de despedida.
16:30 Visita a adega de viño (máximo de 20 persoas).
Inscrición
Xa estamos chegando aos 50 inscritos.
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras e empadroados no Concello de Castrelo de Miño)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención.

Respuesta #306 de Octubre de 2016, 14:40:28

alejandromeira

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1158
  • Karma:
    2
    • Ver Perfil
    • http://www.ourenseastronomico.org
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« Respuesta #3 en: 06 de Octubre de 2016, 14:40:28 »
Pois nada, que me pasarei a cear o sábado e logo a botar unha ollada polo telescopio. Saúdos e vémonos na festa  :party: :party: :party:

Respuesta #407 de Octubre de 2016, 08:36:59

monje

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 498
  • Karma:
    18
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« Respuesta #4 en: 07 de Octubre de 2016, 08:36:59 »
Parece que el tiempo acompañará las sos noches.

Predicción de nubes, seeing, temperatura y humedad:
https://www.meteoblue.com/en/weather/forecast/seeing/castrelo-de-mi%C3%B1o_spain_3125758


Respuesta #508 de Octubre de 2016, 14:05:18

alejandromeira

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1158
  • Karma:
    2
    • Ver Perfil
    • http://www.ourenseastronomico.org
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« Respuesta #5 en: 08 de Octubre de 2016, 14:05:18 »
Bueno, pues que lamentándolo mucho pero al final me ha surgido un asunto y no voy a poder ir este año por astrogalicia. Y mira que me apetecía conversar con algunos de vosotros, pero no va a poder ser. Voy a estar enliado hasta el lunes. Ya nos veremos en otra. Un saludo.

Respuesta #609 de Octubre de 2016, 21:45:03

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 892
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« Respuesta #6 en: 09 de Octubre de 2016, 21:45:03 »
O que non sei é de donde sacarían o titular. (Mais ou menos dende o minuto 4:30)
http://www.crtvg.es/informativos/a-contaminacion-luminica-a-debate-en-castrelo-de-mino