Velaquí o programa final. Suxeito a variacións, por suposto, que nunha semana as cousas poden cambiar algo. Lembrade que este ano será no
Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Venres 7 de outubroDesde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
- Homenaxe á misión Rosetta.
- Pre-estrea mundial de “O mestre de astronomía”, sobre partituras de música medieval de Ramón de Pareja, comentarios sobre o coñecemento astronómica da época entre as pezas instrumentais adicadas aos planetas. Música a cargo de Juan Vázquez.
- Observación con telescopio da Lúa, Saturno, Marte e outros astros.
Sábado 8 de outubro11:45 Presentación oficial das actividades. Benvida de Xurxo Rodríguez (alcalde do Concello de Castrelo de Miño) e
presentación ao cargo de X. Dosi Veiga (responsable da organización).
12:00 Charla i (acceso libre).
José María Madiedo: profesor titular da Universidade de Huelva e colaborador da Fundación AstroHita.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa (acceso libre). Coa colaboraciónd e AstroVigo.
14:00 Xantar.
16:00 Obradoiros (só inscritos).
- Iniciación: a cargo de Jorge Arranz (Agrupación Astronómica de Madrid) e José Luis Cuesta (colaborado do INTA-CAB). Dirixido aos asistentes que queiran iniciarse no mundo da astronomía.
- Perfeccionamento: dirixidos especialmente a astrónomos afeccionados que queiran afondar nalgún dos aspectos da astronomía que máis lles interesen.
- Observación e detección de meteoros mediante radio: a cargo de J. M. Madiedo.
- Emprego de receptores dixitais asequibles en radio-astronomía: a cargo de Javi Moldes (grupo www.cacharreo.es).
- Como colaborar en proxectos profesionais de ocultación por asteroides: a cargo de Ramón Iglesias Marzoa (Observatorio de Javalambre).
- Oculares para a observación visual: a cargo de Jorge Arranz.
19:00 Charla ii (acceso libre).
Ana Ulla: profesora titular da Universidade de Vigo.
o proxecto da axencia espacial europea Gaia. Primeiros resultados e traballo futuro.
21:00 Cea astronómica para os inscritos.
22:00 Observación astronómica (acceso libre):
- Exemplo en directo de posible ocultación de estrela por asteroide.
- Participación na International Observe the Moon Night.
- Observación da Lúa, Saturno, Marte e outros obxectos astronómicos.
- Anotados unha ducia de telescopios.
- Prácticas dos inscritos no Obradoiro de iniciación.
Domingo 9 de outubro11:00 Obradoiros para inscritos. Repetición dalgún dos obradoiros do día anterior que tiveran maior demanda.
12:00 Charla iii (acceso libre).
Charla a cargo de Centro de AstroBioloxia/CAB (INTA-CSIC, Instituto Nacional de Tecnica Aeroespacial - Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Pendente de confirmar.
14:00 Xantar oficial de despedida.
16:30 Visita a adega de viño (máximo de 20 persoas).
PrezosInscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras e empadroados no Concello de Castrelo de Miño)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
Outras opcións: o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.
PatrocinadoresConcello de Castrelo de MiñoAgrupación Astronómica Coruñesa IoAgrupación Astronómica Rías BaixasAstroVigoAsociación Astronómica Sirio de PontevedraClube Compostelán Vega de Astronomía
Ourense AstronómicoAsociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica