Autor Tema: Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.  (Leído 397 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

06 de Septiembre de 2016, 15:20:28

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« en: 06 de Septiembre de 2016, 15:20:28 »
Ola a todos:
Nos informan da posible ocultación dunha estrela de magnitude 16 polo TNO (Trans-Neptunian Object) chamado 2008OG19. Hai dúas prediccións, polo cal a ocultación non é segura, pero vale a pena tentalo, sobre todo se temos telescopios grandes.
Póñovos aquí as dúas prediccións. Unha advertencia, posiblemente o TNO sexa binario, é dicir teña algún satélite. As prediccións fánse para o fotocentro do bicho, polo tanto é posible que haxa variacións importantes na posición da banda de ocultación, pode que incluso se vexan dúas caídas de luz ou que se vexa unha ocultación aínda estando lonxe da banda de ocultación. Tamén pode que non se vexa ningunha ocultación, pero esto só se sabe observando, como sempre. Ademáis, nas prediccións usouse un límite inferior ó tamaño do TNO polo que este seguramente sexa máis grande do que se pensa.

Todos aqueles que poidades observar tedes a continuación as dúas prediccións que hai (a do OSN, Sierra Nevada, parece ser a máis precisa), e a carta de localización da estrela a ocultar.

Para que os datos sexan válidos a sincronización de tempos é fundamental así que a hora que use o software de adquisición ten que ser moi fiable (idealmente unha hora GPS).

Dado que a estrela é moi feble, convén usar unha cámara CCD sen filtros. Ademáis, hai que reducir o tempo de lectura ó máximo posible, por exemplo, facendo binning e facendo unha ventana cunha sección da CCD. A ocultación dura menos de ~20s así que para ter varios puntos dentro da ocultación hai que reducir o tempo de integración ó máximo (sempre que se vexa a estrela). Posiblemente esto limite o tamaño dos telescopios a usar.

Como sempre, se tedes algunha dúbida plánteádea.
Saúdos.

Respuesta #106 de Septiembre de 2016, 19:39:17

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 289
  • Karma:
    18
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« Respuesta #1 en: 06 de Septiembre de 2016, 19:39:17 »
Gracias, Ramón.
Queda anotada. A ver si levanta esta calima.

Respuesta #208 de Septiembre de 2016, 23:48:38

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 895
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« Respuesta #2 en: 08 de Septiembre de 2016, 23:48:38 »
Veño de facer unha proba e pouco vou poder facer. Con binning 3x3 e subframe tiven que chegar a unha exposición de 8 segundos para ver a estrela. Coa descarga vaise a uns 12 segundos así que solo collería dous puntos. E mañá a lúa estará ainda mais cerca así que andará mais xusta a cousa.
« Última modificación: 09 de Septiembre de 2016, 10:26:46 por hugogr »

Respuesta #309 de Septiembre de 2016, 13:13:48

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« Respuesta #3 en: 09 de Septiembre de 2016, 13:13:48 »
Ola:
Hugo, eu probaría de todos xeitos. Dous puntos poden confirmar ou rexeitar outra ocultación. E se é negativa da información sobre un límite ó tamaño da pedra. O que a min me preocupa é a meteoroloxía porque mañán entra unha fronte que deixaría o ceo cuberto con algunha precipitación.
Saúdos.

Respuesta #410 de Septiembre de 2016, 09:39:35

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 895
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« Respuesta #4 en: 10 de Septiembre de 2016, 09:39:35 »
Muy complicada estivo a noite coas nubes aredor do campo. De feito, a eso das 00:35 acabaron entrando de todo e xa non puden facer os últimos 5 minutos. En cuanto os resultados, moitas dúbidas tanto pola debilidad da estrela como polas nubes. Póño a gráfica pero non me parece moi fiable. Os datos a esquerda son do frame Nº 80 no que se ve esa caida. Tempos de exposición de 8 segundos e uns 11 segundos entre tramas.
« Última modificación: 10 de Septiembre de 2016, 11:57:44 por hugogr »