Autor Tema: AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras  (Leído 409 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

06 de Septiembre de 2016, 01:01:48

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras
« en: 06 de Septiembre de 2016, 01:01:48 »
AstroGalicia 2016: festa galega da astronomía.
Parque Náutico de Castrelo
Castrelo de Miño (Ourense)
Do 7 ao 9 de outubro de 2016

Pois si, o tema segue adiante, faltaría máis. Quizais se vaia parecer máis á modestia do primeiro AstroGalicia, alá pola década pasada en Forcarei, que montaramos o trío calivera nun mes e pico de prazo, que a unha versión mellorada da anterior edición, pero o tempo e os medios non están a dar para máis  :oops: Xa hai catro meses que empezamos a facer contactos con posibles poñentes pero ata estes días non nos están confirmando a súa dispoñibilidade. Iso si, haberá para todos os gustos e nomes moi, moi interesantes.

Estamos pendentes de confirmar un par de nomes entre os poñentes antes de publicar o programa definitivo, que supoño estará en 15 días. Polo pronto, lémbrovos as datas para que marquedes nas vosas axendas e comecedes a difundir nos vosos círculos de contactos: 7. 8 e 9 de outubro.

Aloxamento: ademais do albergue que está no mesmo edificio, falaremos co concello por se permite o acampado libre preto de alí. En canto a outros aloxamentos, están todos a un mínimo de 5 quilómetros. Pero tamén estamos a negociar con varios para conseguir algún tipo de desconto aos inscritos. Con todo, o lugar está bastante céntrico de varias cidades galegas polo que tamén facilitará a participación dos que só poidades ir a parte das actividades.

Todas as asociacións de afeccionados galegos recibiron un correo hai uns días na procura de patrocinio e/ou colaboración. Como os últimos anos foron algo complicados para este mendalerenda teño a miña axenda algo desactualizada. Así que aproveito este foro público para facer un chamamento a todas as asociacións, por se algunha non recibiu o correo, me poidades enviar un privado para contactar convosco.

En canto ás que xa respostaron, agradecer a AstroVigo que en apenas un día xa aceptaron colaborar  :yipi: e ao resto, que aínda ninguén dixo que non  :intello:
« Última modificación: 06 de Septiembre de 2016, 01:15:46 por DosiVeiga »

Respuesta #109 de Septiembre de 2016, 23:41:10

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras
« Respuesta #1 en: 09 de Septiembre de 2016, 23:41:10 »
Engadir que nestes días xa se sumaron tamén á festa Agrupación Astronómica Ío (A Coruña) e Sirio (Pontevedra). Seguimos engadindo colaboradores.

Respuesta #214 de Septiembre de 2016, 01:24:24

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras
« Respuesta #2 en: 14 de Septiembre de 2016, 01:24:24 »
Clube Vega de Santiago tamén se suma á festa. Moitísimas grazas!!

Respuesta #315 de Septiembre de 2016, 12:36:24

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras
« Respuesta #3 en: 15 de Septiembre de 2016, 12:36:24 »
Ourense Astronómico confirma también su patrocinio. Con esta son ya cinco las asociaciones que colaboran por el momento.

En cuanto al programa de actividades, nos faltan unos flecos para confirmar todos los ponentes. En cuanto estén, lanzaremos la información, precios y demás. Nos falta confirmar una de las sesiones del taller avanzado y que desde el Centro de AstroBiología (INTA/NASA) confirmen ponente y tema.