Autor Tema: Ocultacións interesantes para empezar o verán.  (Leído 464 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

16 de Junio de 2016, 09:51:00

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« en: 16 de Junio de 2016, 09:51:00 »
Ola:
Envíovos información sobre un par de ocultacións interesantes que haberá dend hoxe ata final do mes de xullo:

-noite do 19 de xuño:
Estrela de magnitude 11.0 por 736-Harvard:

http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160620_036795_summary.html

A caída de magnitude será de 2.7 mags. A estrela estará a uns 30º de altura sobre o horizonte S e a dificultade virá do feito de que a Lúa atópase chea a 17º de distancia da estrela, o que aumentará o fondo de ceo nesa zona do ceo.

-noite do 23 de xuño (sí, a das cacharelas de San Xoán):
Estrela de magnitude 11.5 por 1291-Phryne:

http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160624_152235_summary.html

Esta estrela é algo máis débil aínda que a lúa terá menos influencia, estará máis lonxe e menos chea.

Ambas ocultacións favorecen ós observadores no N de Galicia (A Coruña e Lugo) aínda que a banda de incerteza é bastante ancha.

En xullo temos as dúas ocultacións máis interesantes. Ambas figuran no Call for Observations da IOTA-ES:

-noite do 21 de xullo:
Estrela de magnitude 11.7 por 466-Tisiphone:

http://asteroidoccultation.com/2016_07/0722_466_36887.htm
http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_07_22-466-Tisiphone.gif

Nesta última ligazón vése que a banda de ocultacion pasa moi preto da costa W da provincia da Coruña (Costa da Morte) pero a incerteza podería facer que se desprazara cara o interior chegando incluso a Santiago e comarca. A ocultación produciráse preto do crepúsculo matutino pero non será un problema.

-noite do 30 de xullo (ESTA É A BOA  :great:):
Estrela de magnitude 10.7 por 24-Themis:

http://asteroidoccultation.com/2016_07/0731_24_36911.htm
http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_07_31-24-Themis.gif

Estrela moderadamente brillante, que será ocultada nunha banda que afecta ó NW da península ibérica. En Galicia afecta sobre todo á provincia de Ourense pero a franxa de incerteza abarca todo o territorio de xeito que existen posibilidades de que a ocultación real se poida observar dende calquera ubicación.

Un saúdo.








« Última modificación: 19 de Junio de 2016, 09:55:10 por rimarzoa »

Respuesta #118 de Junio de 2016, 23:45:02

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« Respuesta #1 en: 18 de Junio de 2016, 23:45:02 »
A do 30 de Julio  está interesante. Cacho pedrusco!..
Ademais é a noite do sábado

Respuesta #219 de Junio de 2016, 09:56:28

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« Respuesta #2 en: 19 de Junio de 2016, 09:56:28 »
Sí, e ati cóllete enteiriña. De feito estou pensando en facer unha expedición científica á provincia de Ourense para observala.
Saúdos.

Respuesta #319 de Junio de 2016, 11:24:33

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« Respuesta #3 en: 19 de Junio de 2016, 11:24:33 »
Nos estamos tamén falando para facela en Forcarei.

Respuesta #419 de Junio de 2016, 21:52:13

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« Respuesta #4 en: 19 de Junio de 2016, 21:52:13 »
... ha de estar nublao. Fijo.