Autor Tema: Astrogalicia 2009: si, 2009, non é unha equivocación.  (Leído 2865 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

12 de Agosto de 2008, 12:53:35

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Astrogalicia 2009: si, 2009, non é unha equivocación.
« en: 12 de Agosto de 2008, 12:53:35 »
O pasado domingo 10 non era o mellor día para facer o programado: reunión de avaliación da Astrogalicia 2008 e elección de equipo de traballo para o vindeiro ano. Así, pois, para aproveitar que a xente anda con ganas, vou propoñer varias cousas.

1. Os organizadores deste ano estamos a preparar un informe-memoria da actividade deste ano. Farémosllo chegar a todas as asociación que colaboraron economicamente durante a vindeira semana.

2. Houbo xente que comentou o seu interese en organizar o tema o ano que vén. Non podo falar polos meus compañeiros de organización. Falo por min. O que me apetece nestes momentos é esquecerme de todo isto. Xa veremos o que opino nuns meses. Non sei se terei ganas nin capacidade para liderar de novo o proxecto. Todo será cuestión de falalo.

3. Para rematar ben, e para empezar mellor a organización do próximo ano, propoño facer unha reunión en setembro. A miña proposta é o sábado 20, pola tarde. O lugar paréceme o de menos. Persoalmente, para estar eu prefiro un lugar céntrico. Ben pode ser Forcarei ou Santiago de Compostela. En horario de tarde, sobre as 16:00 ou 17:00 horas, creo que pode virlle ben a todo o mundo. Habendo tempo por diante, non debera haber problema para que todos nos enteiremos da convocatoria. Incluso os que estean agora de vacacións. Eu comprométome a estar presente, para que tamén se poidan pedir explicacións do proceso organizativo deste ano, das decisións tomadas, do proceso de deseño do proxecto...

4. Abondaría que estea presente unha ou dúas persoas por asociación, máis a xente que, sen pertencer a ningunha asociación, poida estar interesada. Se ben moita xente non sería operativo.

5. A orde do día podo facela eu e enviarlla aos interesados con tempo abondo para preparar os temas. Si que penso que debera ser unha reunión para elixir só un equipo de traballo, que poida actuar con total liberdade para a segunda edición da Astrogalicia 2009: tanto de datas, como de ubicación, como de contidos. Recollendo e analizando as opinións que poidamos darlle todos (por correo electrónico, foros...) pero con liberdade para tomar decisións.

6. Tentade divulgar ao máximo esta convocatoria. Faládeo en cada asociación para que xa poidades comentar como podedes colaborar, ideas novas...

Se hai algún ADMINISTRADOR na sala, creo que este fío estaría mellor no apartado EVENTOS. Como eu non teño permisos teño que poñelo aquí.

EDITO:
7. Faremos a segunda parte do sorteo de Astrogalicia 08 (os binoculares xa teñen dono), escollendo outras dúas papeletas agraciadas. Sortearemos o ocular e o PowerTank. Aproveito para lembrar que segue aberta a venta de rifas, a 5 € cada unha. O tema estará proximamente noutro fío. Tentade promovelo entre os asociados, especialmente os que viñeron á Astrogalicia para cubrir o déficit economico. Grazas.
« Última modificación: 12 de Agosto de 2008, 13:04:59 por Isod »

Respuesta #113 de Agosto de 2008, 16:02:16

Pablo

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1688
  • Karma:
    21
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Astrogalicia 2009: si, 2009, non é unha equivocación.
« Respuesta #1 en: 13 de Agosto de 2008, 16:02:16 »
Esta reunión tenemos que tenerla porque para el año tiene que haber Astrogalicia otra vez.

Vamos a ver como responde la gente a esta convocatoria, por mi parte puedo decir que haré todo lo posible para asistir en la fecha que se marque.

Saludos.