Autor Tema: Necesito fotos dos Biocos: petición de axuda  (Leído 934 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

23 de Febrero de 2016, 01:15:36

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Necesito fotos dos Biocos: petición de axuda
« en: 23 de Febrero de 2016, 01:15:36 »
Para os que estivestes nalgún momento dos últimos 4 anos no albergue dos Biocos, ben en AstroGalicia, ben en AstroBiocos, ben en calquera outra situación.

Dentro do proceso, bastante traumática, do noso remate de contrato co concello, "desapareceu" un aparello noso que estaba no albergue. E, agora, non teño fotos boas del, polo que vos agradecería a vosa axuda. Trátase do receptor do sistema Decca Navigator que estaba enriba do mostrador do vestíbulo, en exposición. Unha pequena representación do futuro centro de interpretación que estabamos pensando en montar a medio prazo, sobre o sistema de radionavegación que dominou durante gran parte do século XX no mundo marítimo.

Tedes fotos do aparello? Por favor, enviádemas ao meu correo. Estou na procura dun perito para que me faga unha valoración do aparello e, ademais dos datos técnicos (era dos anos 50, con toda a historia sobre o seu uso e demais), vou precisar fotografías nas que se vexa o seu perfecto estado de conservación. Despois, iniciaremos un proceso de reclamación patrimonial contra o concello, pois a "desaparición" coincidiu casualmente con diversas accións que o persoal do concello fixo na instalación.

Gracias anticipadas!

Edito: moi parecido a este: https://en.wikipedia.org/wiki/Decca_Navigator_System#/media/File:Decca_Navigator_Mk_12.jpg
« Última modificación: 23 de Febrero de 2016, 01:21:10 por DosiVeiga »