Autor Tema: Federación de Asociaciones Astronómicas de España: asemblea anual  (Leído 335 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

18 de Febrero de 2016, 21:40:47

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Supoño que as asociacións galegas xa recibistes a convocatoria da asemblea anual da federación que se constituíu hai un ano e pico. Será o 27 de febreiro en Madrid, ás 10:30 en segunda convocatoria, na sé a AAM, o mesmo lugar da fundación. Como este menda é o representante de AstroVigo estou a facer o posible por ir, aínda que a miña vida cambiou moito moito no último ano e se me fai costa arriba  :'(  De feito, a miña colaboración como vogal da xunta federativa inicial foi pouco máis que nada. En fins... polo menos, algo de info do feito este ano:

- a federación conta cunha web de referencia: http://www.federacionastronomica.es/ que, a curto prazo, será un punto de referencia para todas as actividades de astronomía.

- o censo de asociacións inscritas aumentou das vinte e pico fundacionais ata as 40 actuais. Creo que era un dos obxectivos iniciais e, desde o meu punto de vista, cuberto con creces... o de aumentar a representatividade da federación. E varias que están por chegar.

- na web aínda están por activar os apartados máis interesantes. Pero dou fe de que o de recursos astronómicos, que será un punto de contacto entre afeccionados e profesionais moi interesante, está case ultimado.

A verdade é que a Xunta Directiva traballou moito, sobre todo en temas máis escuros e pouco lucidos ao ser o primeiro ano de andaina e estar todo por facer. Pero máis aínda porque xa desde os inicios, practicamente, dous dos vogais non puidemos facer nada polo que todo o traballo recaeu en menos persoas. A eles o meu agradecemento polo esforzo deste ano.

Por certo, quen dos representantes galego ten pensado ir a esta asemblea? É por tratar de xuntarnos e minimizar custes, se é posible.