Autor Tema: Charla APOD da NASA, un ano de astronomía  (Leído 399 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

10 de Febrero de 2016, 21:10:40

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Charla APOD da NASA, un ano de astronomía
« en: 10 de Febrero de 2016, 21:10:40 »
Sinopse: O Astronomical Picture Of the Day (apod.nasa.gov) da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior. Agora, por segundo ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego. Aínda non chega a ser unha tradición anual como a dos autores orixinais, pero a ver en que deriva a cousa. Mentres haxa forzas  :whistle:

Hai uns días xa foi a convocatoria en Ourense. Sala case chea (algo máis de corenta persoas) e boas sensacións. Agora faltan as convocatorias de Vigo e Santiago de Compostela. Desculpade que avise con tanto tempo, pero levo uns meses sen vivir en min  :ouch:
  • Vigo: xoves, 11 de febreiro de 2016 ás 19:30. Lugar: Casa do Libro, Rúa Velázquez Moreno, 17 (Vigo).
  • Santiago de Compostela: sábado 13 de febreiro de 2016 ás 18:00. Lugar: Centro Socio Cultural As Fontiñas, rúa Berlín, 13 (Santiago de Compostela).

Animo a todos os interesados na ciencia e na astronomía. Unha boa ocasión para vernos e coñecernos.

Respuesta #114 de Febrero de 2016, 19:53:06

McGee

  • Acromático

  • Desconectado
  • *

  • 18
  • Karma:
    0
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Charla APOD da NASA, un ano de astronomía
« Respuesta #1 en: 14 de Febrero de 2016, 19:53:06 »
¿Hai expectativas de facer convocatoria tamén na Coruña como a do ano pasado no Muncyt?

Respuesta #225 de Febrero de 2016, 20:35:41

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2360
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Charla APOD da NASA, un ano de astronomía
« Respuesta #2 en: 25 de Febrero de 2016, 20:35:41 »
Boas. Non desta volta. Quedará para o ano que vén.

En decembro envío correo electrónico a operadores locais para que mirense lles encaixa e se o poden mover. En función das respostas vou organizando un calendario para resolver nunha ou dúas semanas. O ano pasado resultou en Ourense, Vigo e A Coruña e, este ano, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

Tal e como está argallada a charliña, un resumo anual ao redor das fotos do APOD, creo qu o máis propio é facela a finais de decembro ou comezos de xaneiro. Aínda que este ano alguén me suxeriu contidos diferentes que ao mellor organizo para o ano que vén.

Tamén che podo comentar, no apartado de anécdota, que este ano quixen gravala en vídeo pero a primeira vez quedou a cámara sen batería aos 10 minutos e a segunda esquecín levala  :intello: :rofl:

Respuesta #325 de Febrero de 2016, 21:38:28

McGee

  • Acromático

  • Desconectado
  • *

  • 18
  • Karma:
    0
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Charla APOD da NASA, un ano de astronomía
« Respuesta #3 en: 25 de Febrero de 2016, 21:38:28 »
Mágoa... Dou fe de que a do ano pasado estivera moi ben, tería repetido de seguro...  8)

O de grabala en vídeo, na era dos smartphones, raro se me fai que non acabe habendo algún vídeo no youtube...  :party:

Graciñas de tódolos xeitos por levar a cabo iniciativas así...