Autor Tema: IV edición do Workshop CMON  (Leído 1310 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

23 de Enero de 2016, 18:06:21

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
IV edición do Workshop CMON
« en: 23 de Enero de 2016, 18:06:21 »
=========================================================================================
                                     IV Wokshop CMON
=========================================================================================


   Continuando a tradición de anos anteriores convocamos por este medio o IV Workshop CMON, que terá lugar en Santiago de Compostela o sábado 5 de Marzo de 2016.

   Recollendo as palabras de Ramón Marzoa para a convocatoria anterior "non só queremos centrarnos nas observacións de ocultacións e meteoros, senón en calquera outras observacións que consideredes interesantes (estrelas variables, tránsitos de exoplanetas, astrometría de corpos menores, imaxe planetaria e lunar, actividade solar, etc...). A idea é aprender técnicas e tecnoloxías de observación e coñecer resultados tanto de profesionais como de afeccionados." 

Obxectivos: intercambiarmos experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos e a divulgación astronómica en xeral.

Quen pode asistir: calquera persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outras os seus descubrimentos. Para podermos ter unha previsión do número de asistentes é necesario apuntarse, enviando un mail ao enderezo de contacto que figura abaixo.

Data: Sábado, 5 de marzo de 2016, a partir das 11:30h.
Lugar: Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.


 "Call for papers"
  A parte principal do programa consiste nas charlas, presentacións e comunicacións enviadas libremente polas persoas participantes. Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación oral de 15 minutos máis 5 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos de proxector con pantalla. A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumo (por favor, non máis dun par de liñas) e enviarase por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", momento a partir do cal se elaborará o programa definitivo tendo en conta as presentacións recibidas.

  Calquera material informativo sobre as vosas actividades e proxectos que desexedes ter exposto na sala ou a disposición dos asistentes é benvido.


Distribución de tempos:
11:30 a 12:30: presentacións varias
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.


Calendario:
23 de xaneiro: call for papers.
25 de febreiro: Remata o prazo para enviar propostas de comunicacións. Data final para apuntarse.
29 de febreiro: Publicación do programa definitivo.
5 de marzo: IV Workshop CMON


Xantar:
Como en ocasións anteriores, pódese comer no Restaurante Universitario Monte da Condesa, situado no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio" que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.


O correo electrónico de contacto para o envío de comunicacións, apuntarse, e calquera consulta ou proposta que desexedes facer é: astronomianabeirarrua (en) gmail (punto) com

   Saúdos!
   salva.

« Última modificación: 23 de Enero de 2016, 18:16:35 por salva »

Respuesta #110 de Febrero de 2016, 18:18:54

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:IV edición do Workshop CMON
« Respuesta #1 en: 10 de Febrero de 2016, 18:18:54 »
Xenial!!

A ver se me dan o día libre para poder asistir e gozar das comunicacións, que sempre hai cousas chulas. Outra cousa é levar algo propio, que o ano pasado foi moi aburrido en canto a produción astronómica propia  :'(

Respuesta #223 de Febrero de 2016, 01:09:44

ea1htw

  • Acromático

  • Desconectado
  • *

  • 2
  • Karma:
    0
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
  • Texto personal
    Spanish Ham Radio Station
    • Ver Perfil
    • Radio Club Estrada
Re:IV edición do Workshop CMON
« Respuesta #2 en: 23 de Febrero de 2016, 01:09:44 »
  ¡¡Que ben!! Grazas por informarnos. Se os temas persoais e laborais nolo permiten, estaremos ahí para acompañarvos na data e, se o vedes interesante, quizais poidamos preparar algo e compartir con vos novas cousas...
 :sarcastic:
  Parabens e vemonos en Santiago ;-)
Att. Fran P. - EA1HTW
www.ea1htw.es
www.rcestrada.org

Respuesta #323 de Febrero de 2016, 11:11:24

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re:IV edición do Workshop CMON
« Respuesta #3 en: 23 de Febrero de 2016, 11:11:24 »


    Por suposto, as vosas contribucións son benvidas!  8) Aproveito para comentar que aínda temos bastantes ocos para presentacións: calquera persoa ou asociación que queira presentar resultados de observacións, novas ideas, proxectos de actividades, temas de debate... está convidada a facelo. Enviade propostas...!

    Vémonos! ;-)


Respuesta #423 de Febrero de 2016, 14:58:26

ea1htw

  • Acromático

  • Desconectado
  • *

  • 2
  • Karma:
    0
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
  • Texto personal
    Spanish Ham Radio Station
    • Ver Perfil
    • Radio Club Estrada
Re:IV edición do Workshop CMON
« Respuesta #4 en: 23 de Febrero de 2016, 14:58:26 »
  Enterado;...

  Se é posible dispor duns minutos entre as charlas, gardádenos entón o R Clube Estrada e grupo Cacharreo un oco para unha pequena exposición en conxunto de Radio-Astronomía; Proxecto Alexandra...

    Tentaremos levar algún trevello para compartilo con vos...
    Un Saúdo...
Att. Fran P. - EA1HTW
www.ea1htw.es
www.rcestrada.org

Respuesta #523 de Febrero de 2016, 15:02:31

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re:IV edición do Workshop CMON
« Respuesta #5 en: 23 de Febrero de 2016, 15:02:31 »


     Anotado queda!

     saúdos!