Autor Tema: AAVSO Alert Notice 525: Observing Campaign on KIC 02856960  (Leído 769 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

31 de Julio de 2015, 16:08:23

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 356
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
AAVSO Alert Notice 525: Observing Campaign on KIC 02856960
« en: 31 de Julio de 2015, 16:08:23 »
Ola a todos:
Póñovos primeiro unha ligazón a unha alerta da AAVSO para observar o sistema triple eclipsante KIC 02856960:
https://www.aavso.org/aavso-alert-notice-525

Brevemente, esta é unha alerta para observar este sistema entre o 8 e o 11 de agosto facendo fotometría continua durante todo o tempo posible. Aviso: a estrela é de magnitude ~16 polo que se necesita un telescopio de, polo menos, uns 20 cm con cámara CCD. Non é necesario que teña filtros fotométricos. As exposicións non poden superar os 600 s de duración, pero eu recomendaría non sobrepasar os 300 s e apilar dúas (ou máis) imaxes se é necesario, pero sempre sen sobrepasar os 600 s que piden os investigadores. O eclipse que se busca ten só 0.07 magnitudes de profundidade, pouco máis que un tránsito dun exoplaneta, co agravante de que a estrela é moi débil.

Para quen estea interesado e queira máis información, aquí está a ligazón á páxina de T. Marsh sobre o sistema:
http://deneb.astro.warwick.ac.uk/phsaap/kic2856960/

Eu déixovos aquí a carta de comparación CCD da AAVSO.
Saúdos.
R.