Autor Tema: XXX Aniversario da Casa das Ciencias da Coruña  (Leído 514 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

14 de Mayo de 2015, 19:18:47

Xoán Cardelle

  • FED
  • Acromático

  • Desconectado
  • *****

  • 44
  • Karma:
    1
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
XXX Aniversario da Casa das Ciencias da Coruña
« en: 14 de Mayo de 2015, 19:18:47 »
O día 1 de Xuño, a Casa das Ciencias da Coruña cumpre 30 anos.

Dentro dos actos conmemorativos temos previsto facer unha plantada de telescopios o sábado día 30 de Maio, aínda que tamén se poden traer calquer tipo de "trebellos" de observación.

Dende a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, convidamos as asociacións astronómicas galegas e a calquer persoa que queira sumarse.

Á Casa das Ciencias, e en particular ao seu observatorio, único na Galiza, debémoslle moito, porque é en definitiva a nosa casa.

Esta observación celebraríase ao solpor e o lugar está sen determinar, dependendo da asistencia, pero barallamos o parque de Santa Mararida ou a Praza de Mª Pita.

Para unha boa organización, pregamosvos enviedes un mail a info@agrupacionio.com indicando o voso nome, equipo que ides traer e un teléfono ou dirección de mail de contacto.

Saúdos e ceos despexados.
« Última modificación: 14 de Mayo de 2015, 19:21:14 por Xoán Cardelle »
Xoán Cardelle