Autor Tema: PHEMU  (Leído 435 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

30 de Abril de 2015, 10:30:46

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 356
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
PHEMU
« en: 30 de Abril de 2015, 10:30:46 »
Ola a todos:
Non sei se sabedes que está a piques de rematar a campaña dos fenómenos mútuos (PHEMU) dos satélites de Xúpiter. Os PHEMU son fenómenos (eclipses, ocultacións, etc...) que se producen entre os propios satélites de Xúpiter e suceden máis ou menos cada 6 anos cando  o Sol (e a Terra) cruzan o plano ecuatorial dos satélites de Xúpiter.

Medindo o brillo dos satélites vése que se producen caídas debido a estes PHEMU. A cuestión é que antes de que remate esta campaña hai un par de fenómenos interesantes que se poden observar coas Watec e con calqueira CCD, con filtro ou sen filtro. E como os satélites de Xúpiter son brillantes (mags 5-6) pódense observar case con calqueira telescopio. A única condición é que o seguimento sexa bo durante uns 15 ou 20 minutos para que o obxeto non se nos vaia moito de campo. Aquí vos indico un par de ocasións para observar, seleccionadas pola profundidade da curva de luz:

--Venres 8 de maio, 21:24 TU: Io eclipsa a Europa, duración 5,4 minutos, caída de 1,1 magnitudes.
--Venres 15 de maio, 23:40 TU: Io eclipsa a Europa, duración 5,4 minutos, caída de 0,9 magnitudes. Este produciráse con xúpiter a 18º de altura en dirección W.
--Xoves 4 de xuño de maio, 21:55 TU: Europa oculta a Io, duración 3,7 minutos, caída de 0,5 magnitudes.

Sempre que sexa posible convén incluir nas imaxes a outro satélite de Xúpiter para usar como referencia fotométrica. Desta maneira pódese facer fotometría diferencial con él. Estas medicións son interesantes porque con elas actualizan os cálculos orbitáis dos satélites de Xúpiter, o que é de vital importancia, por exemplo, para planificar misións espaciáis ó planeta.

Aquí vos deixo un para de ligazóns con máis prediccións e técnicas observacionáis:

--A referencia fundamental, do Instituto de Mecánica Celeste de París, con máis prediccións e exemplos de curvas de luz:
http://www.imcce.fr/phemu/index.php?popup=3

--Páxina do GEA, algo anticuada pero de boa calidade:
http://astrogea.org/phemu/phemu_main.htm

Para os que teñades Occult Watcher instalado no voso ordenador (con Windows) podedes activar a opción Planet Satellites para ver as prediccións.
Un saúdo.