Autor Tema: Eclipse do 20-M: Charla sobre seguridade  (Leído 339 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

16 de Marzo de 2015, 14:24:20

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Eclipse do 20-M: Charla sobre seguridade
« en: 16 de Marzo de 2015, 14:24:20 »
    Ola a tod@s,

    Soamente para comentarvos que o próximo mércores haberá unha charla aberta na Facultade de Óptica e Optometría da USC sobre seguridade na observación da eclipse, a petición dos estudantes. Ás persoas que esteades por Compostela recoméndovos que vos pasedes por ela, non para escoitarme a min que non vou contar nada que non saibades xa, senón a Antonio Piñeiro, médico do Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e profesor da USC, que é experto en lesións na retina producidas pola observación do sol sen as debidas precaucións. Cópiovos abaixo o anuncio enviado por correo.

    Apertas,
    s.



Título: "Eclipse solar do 20 de Marzo: como observalo con seguridade"
Conferenciantes: Dr. Antonio Piñeiro Ces e Dr. Salvador X. Bará Viñas

Lugar: Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría, Campus Vida, Compostela
Data: Mércores, 18 de Marzo
Hora: 19h

« Última modificación: 16 de Marzo de 2015, 14:38:15 por salva »