Autor Tema: III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)  (Leído 2204 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

16 de Diciembre de 2014, 00:29:02

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« en: 16 de Diciembre de 2014, 00:29:02 »
Paso a facer unha "breve" crónica. Tamén pendurarei deste fío as miñas transparencias. Propoño que os que estivestes de poñentes ou como se queira chamar, engadades tamén as vosas ponencias ou, se tedes algún blog propio ou similar, unha ligazón. Así nos serve de referencia para o futuro.

Chego á cidade de Compostela con tempo suficiente antes do comezo das 11:00 (e menos mal, que eu pensaba era ás 11:30. Na cafetería están nunha mesa 6 persoas de AstroVigo e Rías Baixas, o cal xa supón un bo pálpito. Xente que había meses ou anos que non vía... a ver se é verdade que imos encher. Puntualmente empezan os obradoiros ou ponencias, como queirades chamalos.

Asistentes: entre 40-45 persoas. Ademais, case todo o mundo estivo case todo o tempo, proba do interese que espertaban todos os temas tratados.

A miña crónica. Ollo, tomei notas do que me pareceu interesante e do que eu máis ignoraba, para aprender. Así que hai un pouco de todo. Para maior referencia, contactade con cada autor. Calquera inexactitude é culpa miña, por non entender o que estaba anotando ou por estar distraído. Pensade que só son ideas do que alí se falou e anotadas según os meus intereses. Irei completando con ligazóns a webs que vaia vendo por aí nos próximos días.

11:10: Óscar Blanco, "Astrofoto a lo grande"
Desde o primeiro momento Óscar deixou claro que ía falar tanto do ceo nocturno como de paisaxes terrestres con obxectos celestes. O máis abraiante, o sucesivo paso de fotografías marabillosas, espectaculares e curiosas. Algunhas, seguro que estaban postas a mala fe para darnos "cochina envidia" (si, falo das das auroras). Entre algunhas das ideas que foi deixando caer Óscar:
- estas imaxes permiten evidenciar a contaminación lumínica
- o uso dun filtro difusor poida que faga máis gordas as estrelas ao perder definición, pero rexistra mellor as cores
- estes grandes campos permiten reunir obxectos moi afastados (como os dous cometas do ano pasado) na mesma imaxe
- consellos: localización e encadre, gran angular luminoso, trípode estable ou montura ecuatorial según necesidades e tempos de exposición, disparador e/ou retardo de disparo, exposicións de poucos segundos, sensibilidade media ou alta, luz ambiente se é precisa (o luar ou artificial), procesado posterior buscando un resultado natural (aínda que obedece máis a un gusto persoal).
- consellos para panoramas con varias fotos: como facelas bastante solapadas para facilitar o procesado cos programas específicos.
- tamén se pode empregar unha cámara compacta, se permite alongar o tempo de exposición e quitar o autofoco.

11:30: Borja Tosar, "Detección e caracterización de exoplanetas dende o OAF"
Quen nos ía dicir, hai uns anos, que temos a noso alcance os medios para "ollar" exoplanetas. Cando eu estudiei a carreira (si, era o século pasado), nin se sabía que existiran. A ciencia avanza que é unha barbaridá...
  • temos 1826 exoplanetas confirmados (seguro que esta cifra xa está caducada). O catálogo do telescopio espacial Kepler ten máis de 4000 exoplanetas por confirmar. É un campo moi grande e rico para traballar.
  • Un dos métodos máis usados é o dos tránsitos planetarios. Por fotometría detectamos a diminución no brillo da estrela. É moi tenue, pero hoxe a súa medida está ao alcande dos afeccionados.
  • Requírese que planifiquemso o mellor momento para a observación. Por exemplo, coa ferramenta Starobs do IAC sabemos o mellor momento para ver un exoplaneta en concreto. E, ao contrario, podemos buscar nunha base de datos que exoplanetas están a tiro un día e lugar en concreto, no que poidamos observar e saibamos que imos ter bo tempo.
  • Hai que ter en conta a Lúa e a súa fase, pois requerimos o maior contraste posible.
  • Contamos con dúas posibles técnicas: fotometría absoluta ou diferencial. A segunda é máis cómoda para este traballo e menos pesada.
  • Que información conseguimos: obtemos a curva de luz e podemos trasmitir os nosos datos á base de datos. Obtemos os datos do seu periodo de revolución. A profundidade da curva ou do tránsito está relacionado co tamaño da estrela e do planeta. De aí tiramos o radio do planeta se coñecemos o radio da estrela. Coa terceira lei de Kepler (Nota de Dosi: é unha marabilla cando as ferramentas físicas a usar son de 2º de BUP) obtemos o radio da órbita. A partires disto, se sabemos o tipo de estrela por algún catálogo, podemos saber tamén se o planeta está na zona habitable.

11:50: Javier Moldes (equipo de cacharreo.es), "Detección de meteoros no Albergue dos Biocos"
Ao ser un tema máis coñecido por min tomei menos notas. Javier (adoecido toda a semana por enfermidade) deunos unha perspectiva histórica do uso da radio para a detección de meteoros, algunhas webs de referencia e as bases teóricas que garanten as medidas que tomamos. Describiu tamén as primeiras probas que fixeron eles coa chuvia de meteoros das perseidas do pasado mes de agosto (vamos, que o tema o teñen aínda ben quentiño). Tamén describiu o equipamento que están a instalar no albergue dos Biocos, onde van ir tres antenas para traballar en diferentes frecuencias, que se complementerán coa típica cámara Watec de observación en visual que, nestes momentos, é a que temos máis difundida en Galicia.

12:10: X. Dosi Veiga, "Proxectos de ciencia cidadá"
Xa poño máis abaixo as transparencias usadas e as webs de refencia, como me pediu unha das asistentes  :yipi:

13:00: Luis Francisco Pérez, "Fotometría de estrelas variables"
A Luis o coñecemos neste foro por conseguir sempre facer unhas medicións de curvas de luz que nos abraian. Unhas gráficas marabillosas (para o lugar no que traballa) e un traballo moi interesante e con moita proxección de futuro. Persoalmente, só botei en falta que non estivera Aristarco para enriquecer aínda un pouco máis o apartado das preguntas posterior. Ideas da súa presentación que mal apuntei:
  • Os afeccionados empregamos fotometría diferencial. Poden aplicarse para estrelas variables, asteroides, cometas, exoplanetas...
  • Precisamos tamén CCD, montura computerizada (preferiblemente) e o software, como o Fotodif que é de balde. Luis estivo a explicar as bases do seu funcionamento. Ideal para os que non estamos iniciados na fotometría.
  • Unha das complicacións é calcular o tempo de exposición necesario para conseguir o suficiente sinal pero mantendo o comportamento lineal da cámara. Se a estrela é moi brillante podemos desenfocar para repartir o brillo en máis espazo e que sexa mellor de medir o brillo total, que é o que nos interesa.
  • O programa Fotodif, unha vez configurado e procesada a nosa imaxe, amósanos unha curva de luz. Para unha estrela variable, normalmente o seu periodo é de moitas horas ou días, polo que deberemos empregar varias sesións para a súa caracterización. O propio programa permítenos solapar esas sesións e comprobar se cubrimos todo o periodo que queiamos analizar.
  • Para o caso particular das variables eclipsantes, por exemplo, temos tres tipos diferentes: EA, EB e EW. Tamén contamos na web con simuladores de binarias eclipsantes (Nota D.: creo que non é a web que deu Luis, pero é a que atopei e estiven un cacho ben divertido con ela).

13:20: coloquio, "Coordinación de observacións de meteoros"
Moderador: Hugo González (Non puido asistir e botámolo de menos) / Ricardo Moreno
Ricardo estivo a comentar as distintas opcións que desde o Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF) se están a pensar para unirse á posible rede de detección de meteoros con outros afeccionados. De paso, serviunos un pouco de repaso ao que levamos falado e falando nos últimos anos.
  • É imprescindible que haxa varios puntos de observación para poder aproveitar os datos e, sobre todo, facer a interesante triangulación de traxectorias.
  • Compárase a futura rede CMON e a actual CAMS da NASA...  :rofl:A filosofía é a mesma, só que a da nasa xa funciona e o noso aínda está en cueiros.
  • Hai outros sistemas que empregan unha lente ollo de peixe que ten o problema da perda de definición e que imposibilita medir traxectorias. Na universidade de Huelva teñen o proxecto Smart, con varios puntos de observación. Tamén se meten en espectrometría que permite caracterizar o meteoro. Moi interesante... En Santiago o leva Docobo.
  • Establécese unha pequena mesa redonda sobre que sistema empregarmos. Óptase por aproveitar a infraestrutura que xa temos, baseada en Watec, para construír a rede galega. Os datos que consigamos serán aportados tanto a redes externas cono para os nosos propios cálculos.
  • Desde un grupo de radioafeccionados da Estrada se nos oferta a posibilidade de contar con eles, que teñen diversas estrutuas en diversos puntos da xeografía galega e que, polo tanto, poden ser lugares para extender a rede de detección de meteoros a custes mínimos.
Nota D.: é que así da gusto, con máis xente que se anima a axudar e colaborar no futuro. 8)


14:00: a comer.
Ao final creo que todos comemos no Monte da Condesa, o que nos permitiu saudar a vellos coñecidos e tamén coñecer á xente que andaba por alí e que non nos soaba. Persoalmente, permitiume afondar na variedade dos asistentes, superior ao pensado.

(Fin primeira parte)  :intello:

Respuesta #116 de Diciembre de 2014, 02:00:38

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (ii)
« Respuesta #1 en: 16 de Diciembre de 2014, 02:00:38 »
16:00: Salvador Bará Viñas, "Campañas de investigación sobre Contaminación Lumínica en Galicia"
Unha das nosas batallas, de todos os astrónomos, afeccionados ou profesionais. Entre outras ideas comunicadas por Salva destaco:
  • A contaminación lumínica xa é un campo lexítimo de investigación. Non só pola astronomía, tamén pola afectación á bioloxía, saúde humana, problemas con contaminantes que se disocian pola luz contaminante.
  • O instrumento VIRS do satélite POES está a aportarnos informacion sobre a contaminación lumínica nocturna.
  • Existe unha campaña europea para tentar que a cámara que está instalada na Estación Espacial Internacional e que tan fermosas fotos da superficie da Terra e da contaminación lumínica que emiten as cidades nos deu, siga a funcionar. Aínda que se trate só cunha cámara comercial nikon (cun custe de miles de euros, iso si), os seus resultados son fantásticos. Está previsto desmantelala proximamente para deixar espazo no exterior da ISS a novos instrumentos.
  • Grazas a un acordo con Meteogalicia existe unha rede galega con 13 estacións dotadas de medidores SQM nas montañas orientais e nas fontes de contaminación. Nestes intres é a rede pública máis intensa a nivel mundial para medir a contaminación lumínica cenital. Os SQM están conectados directamente ás saídas de datos destas estacións, polo que se recollen datos cada minuto. Os datos que se publican na web, como para o resto de variables das estacións meteorolóxicas, son dezminutais. Pero Meteogalicia envia os datos minutais previa petición por correo electrónico, para estudos científicos. Haberá pronto unha web específica en meteogalicia.
  • Está a montarse unha base de datos de alcance estatal, europea e mundial, para compartir os datos das nosas propias SQM. Os datos son moi importantes en combinación coa información satelital.
  • O cálculo actual é que anualmente se está a meter un seis por cento máis de luz ao ceo.
  • Campaña de medición da calidade do ceo no Parque Nacional das Illas Atlánticas, coordinada por Salva e Ana Ulla. A iniciativa xurdiu do propio parque (algo que é realmente de agradecer). Este ano fixeron as primeiras medidas na Illa de Ons grazas ao apoio de varios afeccionados voluntarios (como Richiman). Os detectores SQM instalados teñen dataloggers internos que se recollena a diario, pois van a batería. Tamén é precisa a realización de fotografía de horizonte para observar as fontes de contaminación. Tamén se fan análises de seeing para unha posible certificación starlight, aínda que nestes momentos parece que está moi no límite. Estamos invitados a participar nas campañas deste ano.
  • A campaña de inverno pretende comparar a cantidade de contaminación lumínica que hai co verán e ver que aporte se pode deber á presión turística da liña costeira das Rías Baixas.

16:20: Hugo González/Ricardo Moreno, "Nuevos proyectos en el OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)"
A relación de proxectos comunicada por Ricardo dividiuse en infraestrutura e proxectos.
  • Infraestrutura: a cargo de Hugo, Rubén e Javier no futuro.
  • Montaxe dunha base de tempos, fundamental para os proxectos en marcha e futuros, co fin de que as medicións feitas se poidan comparar coas doutros lugares.
  • Vaise instalar Medidor de SQM para ter estación de seguimento de calidade do ceo ou contaminación lumínica.
  • Webcam ou similar para ver a meteoroloxía en tempo real, para animar á xente a ir ou non ao observatorio en función da existencia de nubes.
  • Proxectos: NEOs e asteroides, que leva Hugo. Xa está certificado o observatorio. Xa tiveron un falso descubrimento dun asteroide, é dicir, á hora de verificalo resulta que ese asteroide xa fóra descuberto cinco meses antes.
  • Exoplanetas, que leva Borja. Xa falado aquí.
  • Supernovas, que leva Pablo. Que falará despois.
  • Ocultacións, que leva Hugo en colaboración con Ramón. Trátase de medir ocultacións de estrelas por asteroides. Medindo o tempo de ocultación se pode medir o tamaño do asteroide, colaborando con proxectos internacionais. Tanto de asteroides como de obxectos transneptunianos. Estes proxectos teñen a ventaxa de que ten tanto valor as observacións positivas como as negativas. Moitas veces, trátase de ir acotando o tamaño destes obxectos, polo que se o observatorio está na zona de incerteza se reduce esa indeterminación.
  • Anima a todos a coñecer o OAF e que se fagan máis proxectos.
  • Comenta Enrique (o actual presidente da Fundación Ciencia, Ceo e Cultura que xestiona o observatorio) que a vocación do observatorio foi divulgativa e científica. A primeira está xa cuberta coas visitas escolares e público xeral. Quérese potenciar a parte científica.

16:40: Rubén Díez Lázaro, "Estación SQM desatendida basada en PySQM y Raspberry Pi"
Xa sabemos a querencia de Rubén pola RaspberryPi aínda que neste caso se centrou neste interesante traballo, máis que parte informática.
  • Hai que contar con rede, o que permite usar a Rasbpi para almacenar os datos na nube e así aforrar almacento local e facer mantemento do propio hard. Ventaxas: funcionamento destendido, envía mail se se encende ou apaga, se cambia a ip externa, acceso remoto por ssh configurando o router, corre o software PySQM (creado polo equipo de J. Zamorano da UCM) e acceso público aos datos.
  • Na propia web persoal de Rubén ten unha proba de concepto dos datos que está a detectar o seu sistema instalado provisoriamente na súa propia casa.
  • Como lugar de almacenamento na nube escóllese powerfolder.com, dun provedor alemán. É similar a dropbox, con características novidosas e interesantes para este uso.
  • Melloras a facer: reloxo xa que a RaspPi non ten reloxo interno, hai trucos para solucionalo; dotar ao sistema de alimentación ininterrumpida, hai algúns propios para a RaspPi a pilas; empregar un alargador activo do cable usb pois ten perdas de datos a partir de certa distancia.
  • Todos estes proxectos son máis importantes se compartimos os datos de xeito público. En contaminación lumínica é moi sinxelo, pois abonda con enviar un mail para que nos dean de alta, por exemplo na propia rede da UCM.
  • Rubén xa ten en web unha imaxe do sistema operativo para instalar na nosa RaspPi que permite evitar problemas de configuración. En caso de problemas ou fallos da RaspPi faise moito máis sinxelo o mantemento, só hai que cambiar a tarxeta.

17:30: Ramón Iglesias Marzoa, "A posible binaria V1412 Aql. Un misterio sen resolver".
Falounos Ramón deste sistema e da curiosidade dun par de medidas históricas (do século pasado), que parece que desvelan unha natureza diferente para este sistema estelar do anteriormente previsto. Moi técnico para o meu coñecemento, pero creo que tirei varias ideas on xeito.
  • Coméntanos datos da súa localización e natureza. É unha anana branca moi compacta, 0,65 veces a masa solar pero un pouco máis grande ca terra. É unha estrela espectrofotométrica empregada habitualmente para calibrar telescopios.
  • En 1985 Landolt comunicou un cambio no brillo da estrela, que apuntaba a que fose unha posible eclipsante. Tres anos despois, Carlli & Conner reportaron o mesmo, un cambio de magnitude. Pero nunha análise espectroscópica non foron capaces de ver que era unha binaria, porque o espectro non cambiaba.
  • Estas medidas poderían apuntar a que a estrela secundaria fose menos quente de 1200 K, o que sería en astronomía algo moi frío. Hai xúpiter quentes de maior temperatura ca iso; o que espertou a curiosidade dos astrónomos.
  • Hoxe non se sabe aínda se a compañeira é unha anana marrón ou un exoplaneta. Medilo pode ser moi interesante para medir o radio e masa. As campañas de observación seguen.
  • Os cálculos do periodo probable do sistema son difíciles pois só se coñecen dous eclipses, os de Landolt e Carlli & Conner. Hai unha simulación feita por Michel Bonnardeau.
  • A campañade observación ata o de agora non detectou unha nova eclipse.
  • Ramón propón que os afeccionados realicen cada noite de observación lle adiquen un par de intres a observar esta estrela. Sen adicarlle toda a noite pois non merece a pena, a non ser que se detecte xa un cambio de brillo que entón interesaría facerlle seguimento. A estrela é de magnitude 15. Non se deben usar filtros. Cómpre levar un log de todas observacións cos datos típicos, incluíndo estrelas de calibración. E enviarlle as medidas á AAVSO.
  • Como di Ramón, un bo elemento para un lote de medidas rutinarias en observatorios afeccionados para realizar antes de adicarlle o tempo a outras cousas, ao comezo da xornada. Nunca se sabe.

17:50: Pablo Martínez Alemparte, "Proxecto Supernovae: búsqueda e rexistro de Supernovas dende o OAF"
Trátase do proxecto que Pablo está empezando a coordinar no OAF. Ideas que transmitiu:
  • Todos os anos se descubren supernovas e moitos destes descubrimentos corresponden a afeccionaos. A idea é fotografar o maior número de galaxias cada noite.
  • Tamén hai campo de traballo para rexistrar supernovas que outros observatorios detectan. Despois, aportar medidas fotométricas, por exemplo mediante o programa Fotodifsn que é específico para isto.
  • Hai un traballo previo de planificación como pode ser facer un catalogado de galaxias obxectivo para observar;  coñecer o protocolo de funcionamento do OAF, cálculo dos tempos de exposición necesarios para obter as imaxes e que se adecúen aos obxectivos do proxecto.
  • Pablo amósanos unhas poucas gráficas que ilustran o interese deste campo. Nestes intres estanse a descubrir unhas 200 supernovas anuais.
  • Modalidades de búsqueda: facer unha galaxia por imaxe ou, o que se recomemda, en imaxes de cúmulos galácticos. Os cúmulos Abell, Virgo ou Coma son as candidatas. Facilita rasteear carias galaxias ao mesmo tempo.
  • Agora non temos arquivo de imaxes propias para comparar. Co tempo, haberá un arquivo propio. O método é un procesado en serie polo método "blinking" ou parpadeo. Tamén se pode facer a comparación visual con Aladdin ou catálogo Simbad ou via web. Pode facerse ao mesmo tempo que se descarga a imaxe.
  • En caso de descubrimento ou de alerta, hai que tomar unha nova imaxe intres despois para descartar satélites, asteroides, píxeles quentes, ruído ou raios cósmicos. Despois comparar con imaxes previas. De irse confirmando, determinar posicion en AR e Dec e respecto ao centro da galaxia proxenitora. Comunicación á fundación FCCC. Comunicación á comunidade astronómica (aavso). Finalmente, ao CBAT.
  • Pablo comenta a súa experiencia persoal que o levou ao seu interese neste campo. Nunha noite de observación hai un par de anos, xa de retirada, fotografou m51, unha galaxia bastante común nas observacións dos astrónomos afeccionados. Como era xa tarde marchou de seguido para casa e, ao día seguinte descubre que en internet tiña un montón de avisos sobre unha supernova en m51. Descubriu que el tiña a mesma supernova feita 30 minutos dos descubridores, pero que non se decatara polo que a "fama" a levaron outros. Aínda así, a súa imaxe foille pedida por varios observatorios que querían ter unha secuencia completa do evento. A súa "espinita clavada" como dicía el.
Nota D.: ten que ser todo un orgullo saber que, sen buscalo, unha imaxe túa ten relevancia científica pois pasa a ser parte da secuencia inicial dunha supernova, cando aínda non había o aviso internacional e non se puido xa seguir de continuo a súa evolución.

18:10: Coloquio, "A nova Federación de Asociaciones Astronómicas de España"
Moderador: Rubén Díez Lázaro.
Confluían aquí varios intereses:
  • Estabamos presentes os tres representantes das asociacións galegas que xa están integradas desde o inicio nesta federación recién nacida.
  • Moderaba un afeccionado co cú pelado por ter sido enganado na xestación da federación galega que se creou hai máis de cinco anos (como pasa o tempo mimadriña). Menos mal que queda ese fío do foro onde se recollen varias opinións moi, moi interesantes, a vista do devir dos tempos  :666:
  • Estaban presentes tamén integrantes de Sirio (Pontevedra) e Vega (Santiago), aos que lles puidemos confirmar que desde a comisión da federación se fixeran tres envíos de correo electrónico sen recibir resposta. Creo que quedou máis ou menos claro que estaban a ter problemas cos seus correos oficiais, pero que lles parecía moi boa idea. Os representantes galegos ofrecémonos a enviarlles a información nova para que estea ao día de todo.
  • A mesa redonda transcurriu bastante placidamente, a verdade. Ademais de falar da necesidade e/ou utilidade dunha federación coma esta, tamén se comentaron os puntos críticos dos estatutos da mesma (xa recollidos na crónica doutro fío do foro).
  • A impresión xeral creo que foi que o proceso desta federación de asociaciones astronómicas de España é un proceso ben xestionado desde o principio, inclusivo, que busca a máxima representatividade é que pode ser unha boa ferramenta na que paga a pena estar.

Conclusións
Hai dous anos xuntounos Ramón e Salva a uns cantos (debiamos ser unha ducia ou algo máis), para falar da incipiente rede de detección de meteoros.
O [urlhttp://astromania.es/index.php?topic=3555.0]ano pasado xa fomos uns vinte e cinco[/url] ou así. A rede CMON aínda seguía a ser incipiente. E puidemos contar con algunhas presentacións externas de xente que nos transmitiu outras experiencias semellantes.
Este ano, case duplicamos asistentes. E, o máis significativo, aínda que a duración en horas foi a mesma que nas edicións anteriores, pensade que as ponencias tiñan a metade do tempo de duración. É dicir, case houbo o dobre de ponencias ca en edicións anteriores. Por tanto... WORKSHOP CMON RULES!  :yipi:
Hai outro factor que estou seguro motivará que o ano vindeiro sexamos máis. O entorno agradable e amigable das presentacións, vai contribuír a que outras persoas fagan as súas propias presentacións. E, tamén, que outros se animen a facer cousas interesantes para logo contárnolas e, así, todos seguiremos aprendendo.

Moitas grazas a Salva e a Ramón por molestarvos en organizar este evento. Grazas tamén por non ter atendido á miña oferta de hai uns meses de fusionar o Workshop co AstroBiocos ou similar. Agora temos varios puntos de encontro ao longo do ano, a ver se os consolidamos. E unha petición, non o convirtades nun congreso ¡plis! Penso sinceramente que esta cita máis informal pero formal ten máis encanto que algo máis estricto como se supón que sería un congreso oficial e toda a parefernalia.

Aínda que non nos deades certificados de asistencia  :rules:

Noraboa!!

 :great: :great: :great: :great: :great: :great:


Respuesta #216 de Diciembre de 2014, 11:46:17

africano

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 347
  • Karma:
    4
    • Ver Perfil
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #2 en: 16 de Diciembre de 2014, 11:46:17 »
moi completo o resumo.    :great:
Gracias Dosi 
Sí home, sí

Respuesta #316 de Diciembre de 2014, 11:54:19

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
III WorShop CMON: ponencias "ciencia cidadá", arquivos.
« Respuesta #3 en: 16 de Diciembre de 2014, 11:54:19 »
Vai adxunto o pdf coa presentación que me serviu de soporte. Como as webs apenas se len nas imaxes, poño aquí un listado das que empreguei para a vosa referencia:

Respuesta #416 de Diciembre de 2014, 12:00:59

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
III WorShop CMON: ponencia radio-detección (i/iii)
« Respuesta #4 en: 16 de Diciembre de 2014, 12:00:59 »
Envía Javi do grupo www.cacharreo.es as imaxes que empregou na súa ponencia, co comentario inocente de que eu as sitúe nunha presentación de diapositivas co texto respectivo.  :rofl: :rofl:

Si ho!, era o que me cumpría. Así que conformádevos con tres arquivos coas imaxes, na mesma orde en que foron expostas si, que usou na súa presentación. Como non as subiu ao seu blog en cacharreo.es e polas limitacións de tamaño de arquivo deste foro, vai ir en tres mensaxes e tres partes.  :oops:

Respuesta #516 de Diciembre de 2014, 12:01:51

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
III WorShop CMON: ponencia radio-detección (ii/iii)
« Respuesta #5 en: 16 de Diciembre de 2014, 12:01:51 »
Segunda parte da radiodetección de meteoros.
« Última modificación: 16 de Diciembre de 2014, 12:05:25 por DosiVeiga »

Respuesta #616 de Diciembre de 2014, 12:03:24

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
III WorShop CMON: ponencia radio-detección (iii/iii)
« Respuesta #6 en: 16 de Diciembre de 2014, 12:03:24 »
Terceira e derradeira parte. Se tedes preguntas, a el ;-)

Respuesta #716 de Diciembre de 2014, 20:19:04

Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1813
  • Karma:
    50
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #7 en: 16 de Diciembre de 2014, 20:19:04 »
Sabendo que ias a facer tremendo resumen aforraba a gasolina  :intello: Vaia curro neno

Respuesta #818 de Diciembre de 2014, 13:29:46

monje

  • Apo

  • Desconectado
  • ***

  • 511
  • Karma:
    18
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #8 en: 18 de Diciembre de 2014, 13:29:46 »
 8)  8)  8)  8)  8)  8)  8)  8)

Respuesta #918 de Diciembre de 2014, 17:03:06

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #9 en: 18 de Diciembre de 2014, 17:03:06 »
Eu, que non poiden asistir, dóume por mais que enterado con ise "breve" resumo. Graciñas Dosi pola crónica. 8) 8) 8)

Respuesta #1020 de Diciembre de 2014, 01:23:06

RICK

  • ECL
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1037
  • Karma:
    22
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • MSN Messenger - castropetre@hotmail.com
    • Ver Perfil
    • Puntitos en el Cielo
    • Email
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #10 en: 20 de Diciembre de 2014, 01:23:06 »
Jo.que tío!! más fácil leerlo que oirlo  :whistle: Genial resumen!! la verdad es que da gusto leer crónicas tan completas!!
Hay que alegrarse de que la iniciativa tenga continuidad e incluso crezca.

Respuesta #1120 de Diciembre de 2014, 15:43:33

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #11 en: 20 de Diciembre de 2014, 15:43:33 »
Vaia, graciñas polos comentarios. Espero que non se me dispare o karma  :intello:

A verdade é que pasei a limpo os apuntamentos, recreándome un pouco. Así quédanme a min para futuras consultas e non teño que andar a penser onde deixei as notas. Iso si, alí se aprende moito máis.

A ver se o resto de ponentes tamén envía as súas presentacións para que queden para futuras referencias  :whip: (no outro fío que abrín no foro).

Respuesta #1220 de Diciembre de 2014, 19:58:37

Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1813
  • Karma:
    50
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Re:III WorShop CMON: crónica e ponencias (i)
« Respuesta #12 en: 20 de Diciembre de 2014, 19:58:37 »
Ahí che vai un verde, chorón! :mdr: