Autor Tema: Ocultación dunha estrela de magnitude 9.7 por Medea.  (Leído 505 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

27 de Noviembre de 2014, 11:24:11

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación dunha estrela de magnitude 9.7 por Medea.
« en: 27 de Noviembre de 2014, 11:24:11 »
Ola a todos:
Infórmovos das boas perspectivas que hai para Galicia de observar a ocultación dunha estrela de magnitude 9.7 polo asteroide 212 Medea. A ocultación podería producirse na tarde do 7 de decembro ás 18:06:29 TU +-4 s e podería ser visible dende calquera punto de Galicia, aínda que a zona con maior probabilidade sería a provincia da Coruña por estar situada na rexión central. Aínda así, as franxas de incerteza a 1 sigma ocupan toda Galicia. A altura da estrela será duns 24º en dirección SW. Aínda que non estaremos na noite astronómica xa estará o suficientemente escuro para poder observar.
Durante a ocultación a caida de magnitude será de 4.6 magnitudes e durará un máximo de 4.5 s, polo que será notable a esaparición incluso a simple vista.
Tedes máis información en:
http://asteroidoccultation.com/2014_12/1207_212_33351.htm
e na entrada de OccultWatcher (os que o usen).
Boa oportunidade para as Watec.
Saúdos.