Autor Tema: Off Astrobiocos: resultados  (Leído 556 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

18 de Noviembre de 2014, 11:50:26

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2371
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Off Astrobiocos: resultados
« en: 18 de Noviembre de 2014, 11:50:26 »
Grazas a todos os asistentes por participar nesta xornada tan chula, tan divertida e tan sentida. Polo momento descoñezo os resultados definitivos dos obradoiros, pero xa lle encarguei aos radioafeccionados un informe sobre o voso traballo. Iso si, que os últimos marchárades de alí ás 21:00 horas é bo sinal.

Estou a preparar unha entrada no blog do albergue a modo de crónica da xornada. Xa vos pedirei fotos aos que teñades para xuntalas. Hoxe, martes, sae na edición galega da Voz de Galicia. Todo un logro que non se fai todos os días e grazas a vós. O titular, unha tradución daquela maneira da frase gañadora do concurso, por culpa de Paco. O artigo está ben en xeral, cun par de incoherencias e a columpiada dos 20 membros do equipo do Russia Today TV. Pero en fin, mellor iso ca nada.

Edito: ostras... Vexo que na foto que escolleron os da Voz non saen os culpables do titular, madia leva! Síntovolo, Paco e Elena.
Edit bis: ligazón corrixida. Graciñas monje ;-)
« Última modificación: 18 de Noviembre de 2014, 13:03:24 por DosiVeiga »