Foro de astronomía - astromania.es



Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • *****
  • 2384
  • 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« en: 05 de Noviembre de 2014, 00:44:45 »
Pois aquí está. Tralo astrobiocos quedaron cousas por facer, cousas por celebrar e novidades que contar. Así que, aproveitando que o 16 de novembro se cumpre o 40 aniversario do envío da mensaxe de Arecibo, por radio, cara unha posible civilización extraterrestre en M13, imos facer o mesmo. Si, imos enviar unha mensaxe desde o radio-telescopio dos Biocos cara o espazo, en homenaxe a ese aniversario. E, como somos de cu inquedo, imos crear toda unha xornada que pode ser moi interesante.

Velaquí o programa previsto de actividades:
DOMINGO 16 de novembro de 2014. Off AstroBiocos
Lugar: albergue dos Biocos (San Xoán de Río - Ourense)
Horario:
10:00 Comezo de obradoiros. Construción de antenas, manexo de software de detección de meteoros de radio e moito máis. A cargo de radioafeccionados de Ourense e da Estrada. Eminentemente práctico, para aprender todo o que non deu tempo en AstroBiocos.

13:00 Envío da mensaxe por radiotelescopio. Esta mensaxe terá tres partes. A primeira, será a mesma mensaxe que a enviada hai 40 anos. A segunda, será unha frase escollida por medio de concurso entre os interesados (ver final). A terceira, unha homenaxe a Marga, compañeira de Altega que nos deixou hai cinco semanas.

14:00 Xantar. Menú de outono. Porco bravo ou xabarín (procedente de caza autorizada) con castañas e cogumelos. Outras opcións.

15:30 Inauguración de estación detectora de meteoros Os Biocos, en visual (si, coa Watec  :666:) e en radio.

16:00 Continuación dos obradoiros.

O evento, a xornada e os obradoiros son de balde. Só hai que pagar o xantar os que desexedes facelo no albergue. Aínda non creamos o evento na web do albergue. Xa vos avisarei para que poidades apuntarvos. Tamén iremos concretando os contidos dos obradoiros.

-------
CONCURSO
Despois da repetición da http://es.wikipedia.org/wiki/Mensaje_de_Arecibo, escolleremos entre as propostas a frase que mellor nos pareza á organización para transmitir. Para participar, esta mensaxe terá que ser:
- estar relacionada coa mensaxe orixinal, dalgún xeito. É dicir, que veña a conto.

- ter un número de palabras que sexa un número primo menor de 12.

- podedes participar contestando a esta mensaxe. Nuns días, tamén ao través de Twitter ou correo.

Premio: xantar de balde este día e un lote de produtos da zona (bica manteigada, queixo de cabra e queixo de vaca).
« Última modificación: 05 de Noviembre de 2014, 00:56:33 por DosiVeiga »
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado monje

  • ***
  • 515
  • 18
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #1 en: 05 de Noviembre de 2014, 14:23:50 »

- ter un número de palabras que sexa un número primo menor de 12.


¿No será "ter un número de palabras que sexa o producto de dous números primos menores que 12 "??

Inda que non entendo o de "número de palabras"... Asumindo que se vai a codificar en ASCII, non debería ser:

"ter un número de CARACTERES que sexa o producto de dous números primos menores que 12 e maiores que 1"

E asumindo tamén que a menxaxe deba ser menor de 121 (=11*11) caracteres, por cusestións prácticas....

Reitero: asumindo que que será enviado en ASCII por cuestión prácticas.... ao fin eo cabo só é un exercicio  ;)

« Última modificación: 05 de Noviembre de 2014, 14:26:16 por monje »

Desconectado DosiVeiga

  • *****
  • 2384
  • 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #2 en: 05 de Noviembre de 2014, 15:51:50 »
Monje...  8) gallifante para ti. Tratamos de facer unha chiscadela ás características técnicas da mensaxe orixinal. Non quixemos ser tan literais (o do produto de dous números primos era unha desas características, pensadas para facilitar a decodificación da mensaxe) para facilitar ideas. De aí que tampouco puxemos caracteres como límite, senón palabras. Daquela eran tamén limitacións da técnica que hoxe non temos.

Tamén pensamose en poñer como límite o tamaño dun tuit xa que, en certo modo, o tamaño da mensaxe de Arecibo viña condicionado pola técnicada época, igual que a orixe do Twitter.

Pero ben visto e ben traído. Así, os máis curiosos poden afondar en todo o arrodeou a mensaxe orixinal de Arecibo.

E si, as ideas que teñades, un número de palabras que sexa número primo menor de doce. Neste caso, é unha escolla arbitraria  ;)
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado etheotonio

  • *****
  • 139
  • 9
  • Sexo: Femenino
  • Boas
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #3 en: 05 de Noviembre de 2014, 16:21:20 »
 :qqb023: :qqb023: Conta con nolos dous!


Desconectado monje

  • ***
  • 515
  • 18
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #4 en: 05 de Noviembre de 2014, 16:43:20 »
Ardo en deseos de ver exactamente cómo hacéis.... Ya me tarda el 16....  :wink2: :wink2: :wink2: :wink2:


Desconectado DosiVeiga

  • *****
  • 2384
  • 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #6 en: 07 de Noviembre de 2014, 20:37:56 »
Xa vos podedes inscribir na web do albergue. Agardámosvos!!
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado RICK

  • *****
  • 1037
  • 22
  • Sexo: Masculino
    • MSN Messenger - castropetre@hotmail.com
    • Ver Perfil
    • Puntitos en el Cielo
    • Email
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #7 en: 09 de Noviembre de 2014, 11:03:27 »
Que pandilla de frikis!!
Allí nos vemos!!
 :whistle:

Desconectado DosiVeiga

  • *****
  • 2384
  • 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #8 en: 09 de Noviembre de 2014, 19:57:08 »
Que pandilla de frikis!!
Allí nos vemos!!
 :whistle:
Si? Iso pensaba eu tamén. Pero xa temos varias frases para o concurso e, unha delas, deixa o noso frikismo ao nivel de "pequenos pardillos iniciándose no tema". Mimadriña!! :rofl:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado DosiVeiga

  • *****
  • 2384
  • 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re:Off AstroBiocos: 16 de novembro de 2014. Programa de actividades.
« Respuesta #9 en: 12 de Noviembre de 2014, 16:44:25 »
Avanzando, avanzando... novidades:

-- xa está lista a parabólica de 1,3 metros para o evento (e supoño que será a foto oficial que fagamos, todos ao redor do "plato),

-- xa temos a autorización ministerial para poder transmitir á mesma frecuencia que a mensaxe orixinal  :yipi: Tamén é certo que retransmitiremos en frecuencias terrestres para que outros radio-afeccionados poidan dar fe do chollo.

Xa somos 16 apuntados  :whistle:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)