Autor Tema: Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.  (Leído 2329 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

31 de Mayo de 2014, 17:09:49

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ola  a todos:
Xa había tempo que non propoñía ocultacións así que aquí vai unha.

Na noite do 13 de xuño produciráse unha ocultación dunha estrela de magnitude 11.5 polo asteroide triple 45-Eugenia. Este asteroide ten dous satélites (Petit Princess e Petite Princesse) e é o segundo asteroide triple que se coñece (dispois de 87-Sylvia).

En Galicia a ocultación produciráse preto das 21:23 TU, aínda no solpor, e a estrela estará situada a uns 35º de altura sobre o horizonte SE. A ocultación do asteroide principal ten unha banda de incerteza a 1 sigma que cubre as dúas terceiras partes de Galicia, favorecendo ós observadores do S, e case toda a metade N da Península. E a banda de incerteza da predicción máis recente para o asteroide Petite Princesse abarca a toda a comunidade e o N da Península (ver a páxina de Vachier).

Pódese facer de dúas maneiras para observar:

-sacarlle o ferruxe ás Watec que algúns de vós tedes por ahí e poñelas detrás dun telescopio de ~25 cm de apertura. Se podedes probade a ver que tal se observa a estrela con esa configuración. Por suposto, prohibido usar filtros.

-utilizar unha CCD, neste caso, o telescopio pode ser algo máis pequeno. Neste caso usar binning 2x2 e ventanas para reducir o tempo que tarda en gardar as imaxes. Obviamente hai que tomar bias e flats (darks non fan falta) coa mesma configuración de ventanas e binning.

En ambos casos é INDISPENSABLE ter unha boa referencia de tempos. Se alguén necesita axuda para reducir os datos ou ten dúbidas que contacte comigo ou envíe unha mensaxe a este foro.

Aquí tedes algunhas ligazóns interesantes con máis información:

-Wikipedia sobre Eugenia:

http://en.wikipedia.org/wiki/45_Eugenia

-Páxina coas prediccións para esta ocultación, que inclúe prediccións sobre os satélites, de Frederic Vachier. Esta páxina indica que a magnitude en R da estrela é de 11.5.

http://www.imcce.fr/~vachier/pub/binaries/occult/2014-06-13_45_Eugenia/

-Páxina de Steve Preston para esta ocultación, que non inclúe prediccións sobre os satélites. Indica que a magnitude da estrela é de 12.4, sen indicar nada máis.

http://en.wikipedia.org/wiki/45_Eugenia

Aquí vos deixo tamén unha carta de 15'x15' coa identificación da estrela e unha curva de altura para Ames válida para toda Galicia.

Saúdos.
« Última modificación: 31 de Mayo de 2014, 17:13:44 por rimarzoa »

Respuesta #101 de Junio de 2014, 19:27:37

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #1 en: 01 de Junio de 2014, 19:27:37 »
Apúntoa para Cotobade.

Respuesta #205 de Junio de 2014, 18:00:55

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #2 en: 05 de Junio de 2014, 18:00:55 »
Actualización:

Segundo as últimas prediccións, a banda de ocultación de Eugenia trasládase ó N. Agora estamos en Galicia en plena banda de ocultación do corpo principal. Máis información en:

http://www.imcce.fr/~vachier/pub/binaries/occult/2014-06-13_45_Eugenia/

Saúdos.

Respuesta #306 de Junio de 2014, 19:47:42

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #3 en: 06 de Junio de 2014, 19:47:42 »
 Gracias, Ramón.
 Podrías aclarar cual é banda principal de ocultación? Con tantos colorines...
 Saludos.

Respuesta #406 de Junio de 2014, 21:24:23

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #4 en: 06 de Junio de 2014, 21:24:23 »
Ola:
Xusto enriba da imaxe que hai nesa web tedes o significado. Traduzo:

-A liña verde é a liña central de Eugenia.
-As liñas azúis mostran o tamaño estimado de Eugenia.
-As liñas roxas son o error (Nota do traductor ;) mellor sería dicir incerteza) para o camiño.
-As liñas brancas mostran a Petit-Prince no Sur e a Petite-Princesse no Norte.

Saúdos.
Ramón.

Respuesta #507 de Junio de 2014, 12:25:03

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #5 en: 07 de Junio de 2014, 12:25:03 »
Por unha vez, parece que as previsions de tempo para o venres-13 son boas ainda que tamén parece que nos estaríamonos quedando moi o Sur da franxa de ocultación.

Respuesta #611 de Junio de 2014, 11:00:05

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #6 en: 11 de Junio de 2014, 11:00:05 »
Ola a todos:
F. Vachier actualizou hoxe mesmo a súa web coa última (e parece ser que definitiva) predicción para esta ocultación e trasladou a banda de ocultación á súa posición orixinal:

http://www.imcce.fr/~vachier/pub/binaries/occult/2014-06-13_45_Eugenia/

Desta maneira Galicia volve  quedar ó N da banda de ocultación con moi boas perspectivas para observar a ocultación do corpo principal e, posiblemente, un dos satélites.

A predicción de Meteogalicia para esa tarde indica ceos despexados no N e Rías Baixas e nubosidade de evolución con posibles treboadas en Ourense e E de Lugo.

A ver se desta hai sorte.

Saúdos.



Respuesta #712 de Junio de 2014, 13:06:15

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #7 en: 12 de Junio de 2014, 13:06:15 »
Había una visita de compromiso en Cotobade así que onte funme a Forcarei coa WATEC e deixei todo preparado. Coa lúa o lado do campo, tiven bastantes problemas para ver a estrela e supoño que mañá se verá millor coa lúa un pouco mais lonxe. Semella que mais ben a magnitude e a que di na páxina de Steve Preston que por certo non na puxeras ben o outro día:
 
http://asteroidoccultation.com/2014_06/0613_45_32599.htm
« Última modificación: 12 de Junio de 2014, 17:53:02 por hugogr »

Respuesta #813 de Junio de 2014, 22:56:21

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #8 en: 13 de Junio de 2014, 22:56:21 »
Negativa. A non ser que se retrasara ou adelantara, durante estos 50 segundos nu se aprecia oculación.



Respuesta #914 de Junio de 2014, 00:21:02

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #9 en: 14 de Junio de 2014, 00:21:02 »
Eu pode que teña algo en Forcarei pero veréino mañan con mais calma e xa vos contaréi. Antes e despois da hora víase tamén no vídeo da WATEC o asteróide e dende logo si que pasóu pola estrela pero as magnitudes son tan parexas que a caida e moi pequena.

Esta sería a gráfica de Limovie da estrela:  http://s25.postimg.org/whyqc17pb/eugenia_drift.png
E esta outra a de outra estrela do campo:  http://s25.postimg.org/46d6eznsv/eugenia_2_drift.png
E as duas gráficas xuntas:                         http://s25.postimg.org/qjkx1soqn/eugenia_dosg.png
As horas de entrada e saida serían:

Ocultación:      21:22:51,885
Reaparición:    21:23:12,566

Duración:        20,681 "
« Última modificación: 14 de Junio de 2014, 12:28:36 por hugogr »

Respuesta #1014 de Junio de 2014, 11:06:25

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #10 en: 14 de Junio de 2014, 11:06:25 »
E xa como curiosidade póñovos tamén as fotos nas que se aprecia tamén o asteróide uns minutos antes e despois ainda que a lúa limitaba demasiado.

http://s25.postimg.org/48x21trgf/eugenia_foto_antes.png
http://s25.postimg.org/di3tpopq7/eugenia_fotos_despues.png
« Última modificación: 14 de Junio de 2014, 12:29:40 por hugogr »

Respuesta #1114 de Junio de 2014, 15:49:22

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #11 en: 14 de Junio de 2014, 15:49:22 »

     Ten moi boa pinta, Hugo. Agardamos novas!

     s.


Respuesta #1214 de Junio de 2014, 17:14:51

Paco Fdez

  • ECL
  • Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 566
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Ex Luna Scientia
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #12 en: 14 de Junio de 2014, 17:14:51 »
Sinceramente. ¡¡Excelente!!
Buen trabajo Hugo. Ya nos contarás.

Respuesta #1315 de Junio de 2014, 10:32:35

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #13 en: 15 de Junio de 2014, 10:32:35 »
Feliciades, Hugogr. Parece que se retrasou casi 30 segundos, igual no a pillei por iso.

Respuesta #1415 de Junio de 2014, 11:01:18

Paco Fdez

  • ECL
  • Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 566
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Ex Luna Scientia
    • Email
Re:Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.
« Respuesta #14 en: 15 de Junio de 2014, 11:01:18 »
Colapso ¡Es posible que tengas el inicio!
Mediante Driftscan con magnitudes tan semejantes es muy dificil apreciarlo.
Si conservas las tomas individuales prueba a realizar la fotometría.
Muy bueno lo vuestro.