Autor Tema: Posible ocultación dunha estrela de magnitude 5,0 na noite do 9 de abril.  (Leído 604 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

23 de Marzo de 2014, 20:44:02

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ola a todos.

Na noite do mércores 9 de abril (madrugada do 10 de abril) está previsto que o asteroide 1998 WK3 oculte á estrela HIP89153 (=11 Sgr) de magnitude V=5,0. Toda a metade N peninsular está dentro da banda de incerteza a 1 sigma desta ocultación e a franxa teórica pasa por toda a costa cantábrica e Pirineos. En Galicia pasa xusto polo N das provincias da Coruña e Lugo. Sen embargo a predicción non é moi segura e a franxa de incerteza é grande debido ás incertezas sobre a órbita do asteroide e sobre a posición exacta da estrela, que é dobre.

No momento da ocultación a estrela estará bastante baixa cara o SE, vista dende a península ibérica. Pero esto non debería ser un problema debido a que é moi brillante. A ocultación produciráse preto da hora do crepúsculo astronómico polo que podería haber algo de luz diurna que aumente un pouco o nivel de fondo de ceo.

A ocultación será rápida, de menos de 1 segundo de duración, e dado que a estrela é próxima e/ou grande, é presumible que a desaparición/aparición non serán instantáneas senón graduáis. Ademáis a estrela é dobre polo que podería haber escalóns durante os contactos debido á ocultación non simultánea das estrelas compoñentes do sistema dobre.

Dado que a estrela é moi brillante pódense usar as Watec acopladas a case calquerera cousa. Con un telescopio de 8cm f/4 e a Watec eu chego a magnitude 9,5 dende un lugar con ceo relativamente brillante. De feito habería que probar a ver se esa estrela se detecta usando só os obxetivos para observar meteoros. O que está claro é que se podería usar calquera telescopio con elas. Creo que tamén se poderían usar webcams con teles un poco máis grandes pero habería que facer probas antes para comprobar se se detecta sen problemas a estrela.

Aquí vos deixo unha ligazón ó mapa da ocultación, unha curva de altura para Galicia e unha ligazón ós datos da estrela en Simbad:
http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20140410__89153_summary.html
http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-id?Ident=HIP+89153

Un saúdo.