Foro patrocinado por:

Autor Tema: Posible ocultación de unha estrela de magnitude 9,5 por un TNO.  (Leído 893 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Ola a todos.
a noite do 16 de xaneiro podería producirse a ocultación dunha estrela de magnitude 9,5 na constelación de Leo Minor polo obxeto transneptuniano (TNO) chamado 2005 CB79. Non é frecuente que se produzan ocultacións de estrelas tan brillantes por TNO.

A predicción da ocultación é moi imprecisa e, dado que o tamaño do TNO é de só 350 Km, podería ser que incluso non afectara á superficie da Terra. Sen embargo a estrela é bastante brillante para o que é frecuente neste tipo de ocultacións e entra dentro do rango de brillo das estrelas de ocultacións asteroidáis típicas, onde podemos usar cámaras Watec en vez de CCD.

De producirse ocultación, podería afectar a calquera sitio de África, Europa e gran parte de Asia, América do Sur e costa W de EEUU e Canadá. As rexións máis favorecidas pola posición da Terra no momento da ocultación son precisamente, Europa e África.

Esta é a ligazón á páxina de Steve Preston cos datos da ocultación:
http://asteroidoccultation.com/2014_01/0117_308193_32094.htm

Convén botarlle un ollo a medida que se aproxime a data por se hai actualizacións.
Saúdos.

Desconectado hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo
  • *****
  • Mensajes: 914
  • Karma: 15
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Posible ocultación de unha estrela de magnitude 9,5 por un TNO.
« Respuesta #1 en: 07 de Enero de 2014, 20:17:56 »
Apuntada na axenda para Cotobade. A ver si daquelas parara xa  de chover.