Autor Tema: Posible ocultación dunha estrela de magnitude 4,8 na noite do 16 de novembro.  (Leído 788 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

01 de Noviembre de 2013, 13:22:21

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ola a todos:
O sábado 16 de novembro (sí, sí, na noite da data do workshop CMON) produciráse a ocultación dunha estrela de magnitude 4,6 polo asteroide 2327 Gerhberg. Esta é, con diferencia, a estrela máis brillante da que temos oportunidade de observar unha ocultación. Esta estrela está situada a medio camiño entre zeta Tau e lambda Ori e o seu nome é HIP26777=126 Tau=SAO94759=HD37711.

A banda de ocultación cruza Galicia de NE a SW, entrando pola costa de Lugo e saíndo pola costa de Pontevedra. En Galicia a ocultación produciráse ás 21:09 TU e a ocultación terá unha profundidade de ~12 magnitudes cunha duración máxima de 1,1 s. A estrela estará situada a uns 17º de altura sobre o horizonte E polo que necesitaremos un horizonte sen obstáculos nesa dirección. A banda de incerteza é bastante ancha e ocupa toda Galicia e parte da costa cantábrica ate Euskadi. Por este motivo a ocultación PODERÍA ser observable dende calquera parte de Galicia.

¿Significa esto que imos a observar a ocultación en calqueira sitio? Non, debido a que o asteroide ten só 7 Km de diámetro é de agardar que a banda de ocultación real sexa dun tamaño similar. En realidade será bastante máis ancha debido a que a ocultación se producirá a moi baixa altura e a sombra que producirá o asteroide sobre a superficie da terra estará moi inclinada. A única forma se saber por onde vai a pasar é observando.

Na seguinte ligazón tedes máis información e un mapa da ocultación:

http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20131116__26777_summary.html

Aqueles que tedes Occultwatcher aparecerávos esta ocultación na sección "Planned observations".

Para observar esta ocultación vale calquera telescopio dado que a estrela é moi brillante. Se usades unha cámara Watec podedes usar dende un buscador de 50 mm en diante, incluso acoplada a un teleobxetivo. Se usades unha webcam podedes usar un telescopio de 10 cm ou similar. Dado que esta ocultación será moi rápida non se pode usar CCD a non ser que se observe en modo drift-scan. E non me canso de dicir que é necesario que sincronizar ben a base de tempos para cronometrar a ocultación.

Adxúntovos unha curva de altura para Galicia e unha carta coa localización da estrela a ocultar.

Un saúdo e a ver se hai sorte co tempo.

Ramón.


Respuesta #116 de Noviembre de 2013, 22:28:11

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Posible ocultación dunha estrela de magnitude 4,8 na noite do 16 de novembro.
« Respuesta #1 en: 16 de Noviembre de 2013, 22:28:11 »
 Negativa... pa variar.



Respuesta #216 de Noviembre de 2013, 23:03:23

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Posible ocultación dunha estrela de magnitude 4,8 na noite do 16 de novembro.
« Respuesta #2 en: 16 de Noviembre de 2013, 23:03:23 »
Dende Ames estivo nublada esa zona do ceo. Co resto totalmente despexado.
Saúdos.