Ola:
Felicidades Paco. Un traballo excelente.
E a min, como a colapso, tameń me chamaron a atención eses 2 decimáis. Así que farei unha puntualización sobre decimáis: non indican nada se non van acompañados dunha incerteza. É dicir, non por poñerlle moitos decimáis á medida esta é máis precisa.
A maiores está bastante ben establecido que un observador entrenado pode facer estimacións a ollo cunha dispersión real (calculada a partir dos datos) de ~0.1 magnitudes entre observacións propias. Esta dispersión aumenta bastante cando se misturan estimacións de varios observadores (ollos diferentes, instrumentos diferentes....), chegando ata a ~1 magnitude se a estrela é moi roxa e hai outros factores (observadores inexpertos, variedade de instrumentos, etc...). Este é o problema que teñen as curvas de luz da AAVSO, AFOEV, etc... Por ese motivo se afirma que as estrelas variables ideales para observación visual son as que teñen un rango de variación de máis de ~0.5 magnitudes.
Supoño que Comas-Solá faría varias comparacións con pares de estrelas distintos e ó final tomou a media de todas. E decideu que tomaba un decimal máis nesa media. Incluso facendo unha sóa estimación poden resultarche varios decimáis xa que os métodos que se usan para esto están basados en interpolacións (Argelander, Pogson, ...) pero eu non creo que coa estimación visual se chegue a dispersións de centésimas de magnitude. Aínda que o diga o propio Comas-Solá.
Saúdos.