Autor Tema: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.  (Leído 1303 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

27 de Septiembre de 2013, 23:18:02

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« en: 27 de Septiembre de 2013, 23:18:02 »
Aquí tedes as ocultacións máis interesantes que se verán dende Galicia en outubro e novembro. Dende logo, o máis interesante será a de Konkolya na madrugada do 14 de outubro da que xa temos un fío específico, pero tamén a de Recogne o 1 de novembro ten boas perspectivas e podería ser espectacular a de Morimoto o 15 de outubro, aínda que esta é moi imprecisa.

-noite do 6 de outubro:
Estrela de magnitude 11.8 por Daphne:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1006_41_30209.htm
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131006_624246.gif
A predicción é bastante fiable e a ocultación podería afectar ó S de Galicia, que queda dentro da zona de incerteza a 1 sigma. Ademáis o asteroide ten unha lúa que podería causar outra ocultación noutras zonas.

-noite do 11 de outubro:
Estrela de magnitude 11.8 por Jutta:
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131012_015-1u.gif
Galicia e o N da península quedan dentro da zona de 1 sigma e a ocultación é longa (2.5 s) e profunda (>5 mags). Prodúcese xusto antes do mencer.

 goodteles-noite do 13 de outubro:
Estrela de magnitude 7.6 por Konkolya:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1014_1445_30809.htm
Esta é a ocultación do ano. Pódese observar coa watec con case calqueira telescopio. Tedes máis información neste fío do foro:
http://astromania.es/index.php?PHPSESSID=1e96d16e22da11b064d67b6def11b7f0&topic=3528.0

 goodteles-noite do 15 de outubro:
Estrela de magnitude 7.3 por Morimoto:
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131016__51279.gif
A estrela é moi brillante pero a predicción é moi imprecisa. Aínda así merece a pena observala. Dareivos máis información sobre ela.

 goodteles-noite do 19 de outubro:
Estrela de magnitude 11.1 por Monachia:
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131020_295-1u.gif
A banda de ocultación cruza toda Galicia e a estrela estará bastante alta.

-noite do 22 de outubro:
Estrela de magnitude 10.1 por 2000 XF18:
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131023_777-1u.gif
Estrela ben situada e brillante pero predicción pouco precisa.

-noite do 30 de outubro:
Estrela de magnitude 11.1 por Bogorodskij:
http://www.astrosabadell.org/php/en/ocultacions/Pen/20131031_587-1u.gif
A predicción é imprecisa pero a estrela está ben situada e máis de media Galicia está situada dentro da zona de 1 sigma. Ademáis a estrela é dobre polo que poderia haber ocultación igual.

 goodteles-noite do 1 de novembro:
Estrela de magnitude 9.6 por Recogne:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1101_3365_31357.htm
A predicción é bastante fiable e a estrela é moi brillante. Máis posibilidades de observala dende o S de Galicia.

-noite do 6 de novembro:
Estrela de magnitude 11.2 por Ottilia:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1106_401_30302.htm
A predicción é bastante fiable. O E de Galicia entra dentro da zona de 1 sigma.

-noite do 12 de novembro:
Estrela de magnitude 10.4 por Simonov:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1112_2426_31366.htm
A zona de incerteza a 1 sigma afecta á provincia da Coruña.

Estrela de magnitude 10.8 por Kirwood:
http://asteroidoccultation.com/2013_11/1113_1578_30318.htm
A predicción é bastante fiable e a estrela está ben situada. A ocultación afectará ó S e E de Galicia.

A medida que vaia obtendo máis información irei actualizando o fío.

En outubro tamén teremos dúas ocultacións rasantes de estrelas pola Lúa que atravesarán Galicia. Tedes máis información na páxina da agrupación de Sabadell:
http://www.astrosabadell.org/php/en/rasants.htm
Saúdos.

Respuesta #129 de Septiembre de 2013, 19:39:57

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #1 en: 29 de Septiembre de 2013, 19:39:57 »
 De novo gracias pola recopilación. A ver si pillamos algunha.
 Un saludo.

Respuesta #229 de Septiembre de 2013, 21:28:51

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 903
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #2 en: 29 de Septiembre de 2013, 21:28:51 »
A ver como se porta o tempo porque as do 11, 13, 15 e 19 teñen moi boa pinta para nos.Graciñas pola info tamén.

Respuesta #307 de Octubre de 2013, 22:10:01

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #3 en: 07 de Octubre de 2013, 22:10:01 »
 Ocultación Daphne:
 Nesta ocultación o asteroide era mais brillante ca estrella, o que dificulta confirmar a ocultación. ¿Qué técnica usar nestos casos?

 Traza de 30 segundos:


 Time-lapse postarior á ocultación. Video de uns 45 minutos:




Respuesta #408 de Octubre de 2013, 01:18:22

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #4 en: 08 de Octubre de 2013, 01:18:22 »
Ola:
Parabéns por observar a ocultación. Póñoche algúns links a software para analizala. Fundamentalmente WinScan:
http://www.driftscan.com/
http://www.asteroidoccultation.com/observations/DriftScan/

Analízaa e a ver se podemos presentar un traballo para o workshop de novembro.
Un saúdo.

Respuesta #508 de Octubre de 2013, 11:11:19

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 903
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #5 en: 08 de Octubre de 2013, 11:11:19 »
Eu teño o vídeo ainda sen analizar porque non consigo identificar o campo e non sei si estaba no sitio correcto. Co LX200 de  Cotobade  non se chegaba a ver a estrela e logo, o poñerlle a Watec, estaba todo no límite con puntos moi febles. Seguirei con elo e xa veremos.

Respuesta #608 de Octubre de 2013, 20:16:28

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #6 en: 08 de Octubre de 2013, 20:16:28 »
Ramón, recorda que o Winscan solo funciona con cámaras Sbig. Por desgracia non teño ningunha.
Un saludo.

Respuesta #709 de Octubre de 2013, 00:52:02

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #7 en: 09 de Octubre de 2013, 00:52:02 »
Ola:
A verdade é que nunca usei Winscan. Pero paréceme moi extraño que só funcione con cámaras Sbig, porque o fits é un estándar e as imaxes debería poder leelas sexan de Sbig ou de calquera outro fabricante. Non entendo moi ben o que pasa logo, pero teño curiosidade. Como plan B podemos usar unhas tarefas de IRAF para analizar espectros, que teñen a mesma forma que as trazas do drift-scan.
Hugo, esta fin de semana volvo a Galicia durante un tempo. Se queres podemos botarlle unha ollada xuntos a ese video. Estamos en contacto.
Saúdos.

Respuesta #812 de Octubre de 2013, 11:19:13

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 903
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultacións de estrelas por asteroides en outubro e novembro.
« Respuesta #8 en: 12 de Octubre de 2013, 11:19:13 »
Por Pontevedra xa está nublado. Esta mañán iba ir a facer a de Jutta pero xa non pudo ser.