Autor Tema: Ocultación por Konkolya.  (Leído 1503 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

28 de Agosto de 2013, 10:38:58

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación por Konkolya.
« en: 28 de Agosto de 2013, 10:38:58 »
Ola a todos:
Xa había tempo que nos estabamos aburrindo con ocultacións moi imprecisas e/ou de estrelas moi febles que precisan de telescopios grandes. Esta vez, para variar, imos a ter unha ocultación cunha boa predicción e a estrela é moi brillante. A cuestión é que estou tan entusiasmado que lle adico un fío propio.

Na madrugada do 14 de outubro, pouco antes do mencer, o asteroide 1445-Konkolya, de magnitude 15,6, ocultará a estrela HIP12252 de magnitude 7,6. A banda de ocultación cruza Galicia e o N da península ibérica entrando polos Pirineos e saíndo polas rías baixas. A ocultación produciráse das 04:50 TU en diante (06:50 hora oficial peninsular) polo que haberá que madrugar. A estrela estará situada a unha altura duns 38º coa lúa por debaixo do horizonte. Estes cálculos están feitos para a miña localización en Ames pero non cambian significativamente para Galicia.

¿Qué significa todo esto? Que a estrela (e a súa desaparición) se pode observar con telescopios tan pequenos como refractores de 8cm de diámetro e menores acoplándolle as cámaras Watec que temos algúns por ahí collendo piolla   :whip: Lémbremos de novo que é fundamental ter unha referencia de tempo fiable, idealmente un GPS ou un servidor de hora NTP axeitado.

Aquí vos poño o mapa de S. Preston:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1014_1445_30809.htm

Estou pendente da actualización da predicción de S. Preston. Cando haxa novidades avisareivos. Tamén vos poño a curva de altura para Ames (vale ben para toda Galicia e incluso toda a península ibérica) e unha carta de localización da estrela a ocultar, que está situada ó N da cabeza (ou cola, según se mire) de Cetus. Cando o señor Preston poña as súas cartas xa vos avisarei.

Se alguén quere observar a ocultación cunha webcam necesitará un telescopio maior dado que as webcams son bastante cegas, é dicir, son pouco sensibles á luz. E é indispensable facer probas antes para ver se con ela pode ver a estrela a ocultar.
Un saúdo.

Respuesta #128 de Agosto de 2013, 18:53:10

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 895
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #1 en: 28 de Agosto de 2013, 18:53:10 »
Pinta ben así que haberá que intentalo. A ver se desta se porta o tempo.   

Respuesta #228 de Agosto de 2013, 23:48:05

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #2 en: 28 de Agosto de 2013, 23:48:05 »


     Anotado na axenda!


 

Respuesta #330 de Agosto de 2013, 19:04:22

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 289
  • Karma:
    18
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #3 en: 30 de Agosto de 2013, 19:04:22 »
 Non se pode ver ampliada a banda de ocultación da zona de Europa?

Respuesta #430 de Agosto de 2013, 21:15:20

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #4 en: 30 de Agosto de 2013, 21:15:20 »
Sí, o que pasa é que o señor Preston vai actualizando a súa páxina de mapas detallados con un mes ou mes e medio de antelación, e aínda non puxo a información detallada desta ocultación. Aínda que sí a ten na lista de "sucesos futuros", polo que é cuestión duns días que xa apareza a info. Cando así sexa actualizareivos a información.
Un saúdo.

Respuesta #516 de Septiembre de 2013, 00:55:35

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #5 en: 16 de Septiembre de 2013, 00:55:35 »
Steve Preston acaba de actualizar a información sobre a ocultación de Konkolya. Como vedes, a banda de ocultación está bastante ben definida e cruza Galicia e o N da península ata os Pirineos. Aquí está a ligazón, onde tedes mapas máis detallados e o campo coa estrela a observar:
http://asteroidoccultation.com/2013_10/1014_1445_30809.htm
Esta ocultación pódese observar coas Watec e calquera telescopio ou teleobxetivo. Eu chego ata magnitude 8,5 cun pequeno telescopio de 80mm a f/4 e esta estrela é de magnitude 7,6, case 2,5 veces máis brillante que o meu límite.
Convén usar montura ecuatorial e localizar a estrela con tempo. E lembrade a base de tempos.
Saúdos.
Ramón.

Respuesta #610 de Octubre de 2013, 22:59:35

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #6 en: 10 de Octubre de 2013, 22:59:35 »
Ola a todos:
Recórdovos a inminencia desta ocultación que se pode observar case con calquera instrumento. Agora mesmo a predicción meteorolóxica non é demasiado clara e podería pasar calquera cousa.
Saúdos.

Respuesta #714 de Octubre de 2013, 08:41:33

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 349
  • Karma:
    19
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #7 en: 14 de Octubre de 2013, 08:41:33 »
Ola:
Dende Ames non se puido observar por brétema. Levanteime dúas veces para ver se o tempo daba unha tregua e ás 03:30 parecía que quería abrir, ata se vía a Lúa. Pero non foi posible.
¿Alquén máis o intentou?
Saúdos.

Respuesta #814 de Octubre de 2013, 11:02:42

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 895
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Konkolya.
« Respuesta #8 en: 14 de Octubre de 2013, 11:02:42 »
Por eiquí  tamén estivo nublado. Outra vez será.

Respuesta #930 de Junio de 2015, 21:15:08

Amargorojo

  • Acromático

  • Desconectado
  • *

  • 6
  • Karma:
    0
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • MSN Messenger - amargoroja@gmx.es
    • AOL Instant Messenger - Amargorojo
    • Yahoo Instant Messenger - Amargorojo
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación por Konkolya
« Respuesta #9 en: 30 de Junio de 2015, 21:15:08 »
Pues si, Alfonso, eso es lo que hay.

Aunque con la funcion Star Substraction del MPO CANOPUS gran parte de estas ocultaciones que distorsionan la curva de luz se pueden corregir perfectamente.

Estoy preparando un paper en el que se deja constancia de esta funcion.

Ademas, he puesto en el foro un post con la primera curva de luz del asteroide 3422 Reid afectada por la ocultacion y una segunda curva con la correccion oporturna.

salU2
Vale la pena leer mas  sobre Zitromax y sus efectos, asi como informacion de contraindicaciones de Apcalis Oral Jelly.