Autor Tema: Posible ocultación do TNO Nuya o día 20 de maio.  (Leído 1086 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

13 de Mayo de 2013, 17:41:22

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Posible ocultación do TNO Nuya o día 20 de maio.
« en: 13 de Mayo de 2013, 17:41:22 »
Ola a todos:
José Luis Ortiz, do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA), informa da posible ocultación dunha estrela de magnitude 17 polo objxeto trans-neptuniano (TNO) Huya na noite do 20 ó 21 de maio.
Como podedes ver nos arquivos adxuntos as efemérides e a banda de ocultación son imprecisas e están a intentar melloralas facendo astrometría do TNO e da estrela a ocultar. Dende a península ibérica a estrela estará a uns 35º de altura sobre o horizonte SE.
Dado que coas cámaras Watec non é posible observar a ocultación debido ó seu tempo de exposición de algúns milisegundos é necesario tomar imaxes con cámaras CCD. Esta é unha boa oportunidade para os observatorios con telescopios algo grandes (OAF, Cotobade, Campus Ourense) dado que necesitarán menos tempo de exposición. Sen embargo calquera que teña unha CCD pode contribuir a observar tomando imaxes da estrela.
O principal problema é que a estrela é moi débil e seguramente haberá que tomar exposicións de polo menos 5s. Se se pode convén probar algunha noite antes a ver cal é a exposición máis curta coa que se ve a estrela. Ademáis, hai que reducir ó máximo o tempo de lectura da cámara, facendo binning 2x2 para meter máis luz en cada píxel (o que reduce un pouquiño o tempo de exposición necesario) e, se se pode, lendo unha ventana de píxeles da CCD. Esto último non todas as CCD o poden facer.
Aquí vos deixo os ficheiros coa información desta posible ocultación.
Saúdos.

Respuesta #116 de Mayo de 2013, 20:39:08

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Posible ocultación do TNO Nuya o día 20 de maio.
« Respuesta #1 en: 16 de Mayo de 2013, 20:39:08 »
Captar unha ocultación dun NEO é un reto interesante. Lástima que a franja principal pasa muy ó norte. Eu vou a intentalo.
 Un saludo.

Respuesta #217 de Mayo de 2013, 21:05:50

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Posible ocultación do TNO Nuya o día 20 de maio.
« Respuesta #2 en: 17 de Mayo de 2013, 21:05:50 »
Ola a todos:
Actualización sobe a información da ocultación. Os últimos datos de astrometría da estrela de do TNO indican que a banda de ocultación afectará a Canarias. Esta información é bastante "robusta" tal e como a define JL Ortiz, pero non é segura ó 100% xa que este TNO é binario e non se sabe onde está o satélite, co cal, aínda que inicialmente non afecta á península ibérica, non é descartable que se produza unha ocultación polo satélite.
Déixovos aquí as últimas prediccións.
Saúdos.

Respuesta #323 de Mayo de 2013, 00:37:44

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Posible ocultación do TNO Nuya o día 20 de maio.
« Respuesta #3 en: 23 de Mayo de 2013, 00:37:44 »
Ola:
José Luis Ortiz informa dos resultados da ocultación de Huya na noite do pasado 20. Según parece, na península só un observador puido observar a ocultacion, o resto non puderon por causas meteorolóxicas. Aínda non reduciron estes datos. A ocultación foi negativa na illa da Palma pero, e cito textualmente a José Luis:
"aunque hay un punto en una de las curvas de luz que podría indicar una ocultación muy rasante, de menos de un segundo de duración"
Esto é todo o que hai por agora.
Saúdos.